Temas: MúSICA

Crónica de Niño y Pistola, Lefties Soul Connection e Osaka Monorail

A Sala Capitol volveu a rexistrar unha moi boa entrada, dúas terceiras partes do aforo, na segunda xornada do Outono Códax Festival. Con todo, cando Niño y Pistola comezaron a tocar cara as 21:30 da noite do sábado a penas medio cento de persoas entraran a escoitar á banda galega.

Por GC Tendencias | Santiago | 21/10/2013 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

A maioría do público perdeuse polo tanto un gran concerto do grupo de Baiona, no que abordaron case por completo esa peza mestra que é "There's a Man with a Gun Over There". Se no seu comezos sonaban máis popeiros e anglófilos, na Capitol parecía que actuaban The Band dos seus mellores momentos.

Osaka Monorail
Osaka Monorail | Fonte: Mattias Monsterkid

Non inventan nada, nin o pretenden, pero o rock americano que fan agora Niño y Pistola é unha delicia pola súas armonías vocais impecábeis e as súas formas clásicas. Como veñen facendo este ano, tocaron o seu último disco empezando pola Cara B e chegando á cúspide con esos dous hits que son "By the Grace of God" e "And then the rain started".

Tomoulles o relevo a gran a banda holandesa de funk "Lefties Soul Connection", vitaminada desta volta coa magnífica voz da cantante americana Michelle David, con quen levan varios anos colaborando. David gañouse ao público dende o primeiro intre e que foi sen dúbida a gran estrela da noite. Plena de enerxía, a banda soubo mostrar que son moito máis que un combo de funk clásico, senón que mistura con tino sons garaxeiros e mesmo baladas soul. 

Tras o subidón dos Lefteis, moito máis hieráticos resultaron os nipones Osaka Monaurail, sobre todo o seu inicio da actuación. Repasaron todo o santoral da música negra -imitacións incluídas- do século XX e fixérono de xeito intachable.

De feito, o público encantoulle a súa actuación. Con todo,  vista a caste total ausencia de nada seu propio, un quédase preguntando se todas estas bandas de xénero -por moi ben que aborden o xénero en cuestión-  realmente aportan algo, máis aló de propocionarnos a oportunidade de comprobar que até que punto todo o planeta está realmente globalizado e de constatar que tamén en Xapón hai grandes, magníficos imitadores de Ray Charles.  

Lefties Soul Connection
Lefties Soul Connection | Fonte: Mattias Monsterkid

Niño y Pistora
Niño y Pistora | Fonte: Mattias Monsterkid
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta