O conselleiro de Sanidade: "É unha mágoa que a UE non renove o contrato con AstraZeneca"

A Comunidade Europea decidiu prescindir desta vacina por non cumprir cas reparticións que estaban estipuladas no contrato.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, asegurou que é unha "mágoa" que a Unión Europea non vaia a renovar o contrato coa compañía farmacéutica AstraZeneca para a súa vacina contra o coronavirus máis aló do mes de xuño.

Os problemas de AstraZeneca para cumprir coas reparticións estipuladas no contrato coa UE enfrontaron desde hai meses á compañía coa Comisión Europea. De feito, estaba previsto que durante o primeiro trimestre do ano entregase 120 millóns de doses aos estados membros e só repartiu 30 millóns.

Con todo, durante a súa participación no Almorzo Socio-Sanitario organizado por Europa Press, o conselleiro galego comentou que, a pesar de que se vai a garantir a administración da segunda dose ás persoas que recibiron a primeira, é unha "mágoa" non aproveitar o "potencial" dunha empresa europea.

"Parécenos unha mágoa non aproveitar o potencial dunha empresa europea e que, ademais, noutros países da nosa contorna foi fundamental. Evidentemente usaremos todas as vacinas que nos cheguen pero cremos que nunha situación concreta como esta perder un actor importante é unha cuestión fundamental", aseverou García Comesaña.

Julio García Comesaña
Julio García Comesaña | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta