600 propostas de sanción na Coruña, Lugo e Ourense esta fin de semana sobre todo a xente moza

Entre os incidentes máis destacados mencionaron a detención de dúas persoas na Coruña por un enfrontamento con axentes da Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Os controis realizados polas forzas e corpos de policiais en Galicia saldáronse con máis de 600 propostas de sanción na última semana por infracción da normativa e restricións pola Covid-19 nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo este luns unha reunión de coordinación con responsables provinciais da Policía Nacional, Garda Civil e da Policía Autonómica, na que analizaron a situación tras o levantamento do estado de alarma.

En concreto, enmarcaron dentro da normalidade a situación da provincia a pasada semana, cun incremento da presenza de persoas na a rúa coincidindo co fin do estado de alarma este fin de semana, sobre todo de persoas novas. Entre os incidentes máis destacados mencionaron a detención de dúas persoas na Coruña por un enfrontamento con axentes da Policía Local.

Efectivos policiais e da Garda Civil desenvolveron 810 dispositivos a pasada semana na provincia, nos que se controlaron a 9.405 persoas, 6.289 vehículos e realizáronse 308 propostas de sanción.

A partir de agora, os dispositivos policiais centraranse especialmente no control de reunións, celebración de festas ou 'botellóns', ademais do correcto uso de máscaras, a distancia social e o cumprimento da normativa na hostalaría. Pilar López-Rioboo trasladou a necesidade de actuar co máximo rigar no contexto actual e de manter a intensidade das accións de control.

LUGO E OURENSE

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, tamén insistiu na necesidade de manter os dispositivos de control, no marco da reunión de coordinación coas forzas de seguridade na provincia.

En concreto, entre o venres e o domingo, realizáronse un total de 192 controis na provincia e 309 inspeccións en locais de hostalaría, no que foron identificados 2.952 cidadáns e controláronse 2.612 vehículos.

Pola súa banda, o subdelegado en Ourense, Emilio González, presidiu a reunión de coordinación na provincia, na que se detallou que desde o 29 de abril e ata o 9 de maio realizáronse 573 controis e 218 inspeccións en establecementos, que se saldaron con 2.819 persoas identificadas, 2.050 vehículos controlados e 295 propostas de sanción.

SINDICATOS POLICIAIS

Pola súa banda, os sindicatos policiais CEP, SUP, UFP e SPP emitiron un comunicado conxunto para advertir á subdelegada do Goberno na Coruña de que para manter a intensidade no control e vixilancia das medidas sanitarias é necesario dotar aos corpos de seguridade "de persoal, de medios e de ferramentas legais para iso".

Así mesmo, critican que se enmarque este fin de semana nun contexto de normalidade, cando se produciron "máis de 20 intervencións só na Coruña" relacionadas con festas ilegais, botellóns ou pelexas, ademais dos servizos habituais.

Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade
Un axente da Garda Civil participa nun control de mobilidade | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta