O Celta fala galego

O club vigués e o Concello únense para fomentar o uso do idioma propio do país no mundo do deporte. "Gústame o Galego de Primeira", lema da campaña na que participan xogadores e corpo técnico.

Por gcdeportes | Vigo | 23/10/2013 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Por un galego de Primeira, como ten que ser. Celta e Concello de Vigo unen forzas para promover o idioma propio do país dentro do programa Gústame o Galego. O presidente celeste, Carlos Mouriño, e o alcalde vigués Abel Caballero firmaron un convenio de colaboración para desenvolver a campaña Gústame o Galego de Primeira.

O capitán, Borja Oubiña, co lema 'ser seareiro@'.:
O capitán, Borja Oubiña, co lema 'ser seareiro@'.:

A iniciativa pretende fomentar o uso do galego dentro do mundo do fútbol, cunha mensaxe de paixón e gusto polo emprego do idioma propio en todos os ámbitos da vida. Deste xeito, xogadores como Borja Oubiña, Santi Mina, Yoel, Sergio, Hugo Mallo, Toni, Álex López ou Santi Mina publicitarán lemas como Que o galego teña unha boa canteira, Gústame como roxe Balaídos en galego, Escoitar o galego do Ala Celta, Cantar a Rianxeira, Ser seareiro ou  Galego de Primeira. Ou sexa, sempre de xeito positivo.

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, amosouse "moi contento por poder participar no programa" e expresou o seu desexo para o galego: "Que se divulgue máis e cobre a importancia que merece". Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o obxectivo do programa "é a defensa do galego, un impulso colectivo para que ocupe o lugar que merece non só en Galicia, senón entre as linguas de España".

Os xogadores do Celta, o corpo técnico e a Fundación do club (Serafín Alonso é o seu director xeral) tentarán facer chegar a iniciativa ao mundo do fútbol. Para elo, graváronse vídeos promocionais que serán emitidos durante os próximos partidos en Balaídos e ao longo dos próximos meses haberá diversas actividades e concursos.

Xogadores do Celta con varios lemas da campaña.
Xogadores do Celta con varios lemas da campaña.
Campaña do Celta para promover o uso do galego.
Campaña do Celta para promover o uso do galego.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

6 suevia

Son coruñés e deportivista, mais pola súa sensibilidade á nosa lingua e pola súa aposta por xogadores galegos, aumentou de xeito importante a miña simpatía polo Celta!

5 Farto da lingua

El país al que se refiere la noticia (supongo que "país" geográfico porque como nación no existe) no tiene idioma propio. Los que en el habitan suelen hablar dos lenguas, ambas oficiales y propias de sus ciudadanos. Una es vernácula, originaria de esta región; la otra es la lengua común de todos los ciudadanos del Estado y es propia de la mayoría de los que conformamos esta nación, que se llama España. Respecto a lo del Celta y el idioma regional, mal hace el club en meterse en esas historias. Es fácil hacer chistes con lo de ser de Primera, porque me parece que le queda poco, pero todos esos muchachotes deberían dedicarse a jugar mejor al fútbol, a pesar de su entrenador.

1 ith

Xa falou o linguista e historiador mais reputado na actualidade dicindo que Galiza non ten idioma propio...jaja...Galiza xa era reino e tiña o seu idioma propio antes de que España existira, campión...que dano fixo galicia monolingue que agora xa se atacan os actos mais inocentes en defensa da lingua...de verdade, que é indignante como queren "imponer el gallego"...os castelanfalantes están perseguidos neste Pais(Galiza) e non se fai mais que impoñer o galego...meus pobres...

2 Freixo

Dedicado ao supremacismo espanhol etnocida que nega a existência das línguas próprias e fala da paranóia de uma língua comum: http://www.youtube.com/watch?v=37Ho...

3 Farto do supremacismo

Que manía de misturar "churras con merinas"....que terá que ver o xogo da equipa co galego. En fin, vos a seguir coas ideas supremacistas que non conducen a ningures. O Celta namentres seguirá a ser a referencia no país, dentro dos clubs deportivos, no trato á lingua galega.

4 galegotenerife

ala ala machiño!!! ficaches corto, tes que revindicar o uso dun terzo que merece a lingua do pais... O INGLESSSSSS. bule! que se non, teran que poñer o 25% de ruso ou o 20% de chines. ai ai! que non estudas nadiña....

4 marcon1906

Moi ben po-lo Celta,ao que deberian imitar toda-las equipas galegas.

3 Freixo

GOSTO DO GALEGO...mágoa que se decalquem as construções castelhanas sem qualquer rigor.

1 lois

Pois eu non gusto do portugués, con tildes de nasalidade e todo, coma se fose galego.

2 Freixo

E quem che pedia falar aqui dos teus gostos? Já aparecem os trolls a tocar o carvalho com nescias palavras e argumentos de estrumeira

2 Ronsel

Eu, que som corunhes, por isto, som CELTISTA!!