O Celta fala galego

O club vigués e o Concello únense para fomentar o uso do idioma propio do país no mundo do deporte. "Gústame o Galego de Primeira", lema da campaña na que participan xogadores e corpo técnico.

Por gcdeportes | Vigo | 23/10/2013 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Por un galego de Primeira, como ten que ser. Celta e Concello de Vigo unen forzas para promover o idioma propio do país dentro do programa Gústame o Galego. O presidente celeste, Carlos Mouriño, e o alcalde vigués Abel Caballero firmaron un convenio de colaboración para desenvolver a campaña Gústame o Galego de Primeira.

O capitán, Borja Oubiña, co lema 'ser seareiro@'.:
O capitán, Borja Oubiña, co lema 'ser seareiro@'.:

A iniciativa pretende fomentar o uso do galego dentro do mundo do fútbol, cunha mensaxe de paixón e gusto polo emprego do idioma propio en todos os ámbitos da vida. Deste xeito, xogadores como Borja Oubiña, Santi Mina, Yoel, Sergio, Hugo Mallo, Toni, Álex López ou Santi Mina publicitarán lemas como Que o galego teña unha boa canteira, Gústame como roxe Balaídos en galego, Escoitar o galego do Ala Celta, Cantar a Rianxeira, Ser seareiro ou  Galego de Primeira. Ou sexa, sempre de xeito positivo.

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, amosouse "moi contento por poder participar no programa" e expresou o seu desexo para o galego: "Que se divulgue máis e cobre a importancia que merece". Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que o obxectivo do programa "é a defensa do galego, un impulso colectivo para que ocupe o lugar que merece non só en Galicia, senón entre as linguas de España".

Os xogadores do Celta, o corpo técnico e a Fundación do club (Serafín Alonso é o seu director xeral) tentarán facer chegar a iniciativa ao mundo do fútbol. Para elo, graváronse vídeos promocionais que serán emitidos durante os próximos partidos en Balaídos e ao longo dos próximos meses haberá diversas actividades e concursos.

Xogadores do Celta con varios lemas da campaña.
Xogadores do Celta con varios lemas da campaña.
Campaña do Celta para promover o uso do galego.
Campaña do Celta para promover o uso do galego.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

1 Toxo

Por desgraza: canta porcentaxe dos vigueses que sentan nas gradas de Balaídos falan en galego habitualmente? Se chegan a un 15% graciñas. Pero benvida a iniciativa.

1 celtiña

sergio o porteiro de Catoira e jonathan vila de Porriña adoitan a falar galego,con frecuencia e si,nas bancadas de balaídos falase galego e bastante a megafonia,as portas do estadio,todo esta en galego

2 tourón

Toxo, cantas veces fuches a Balaidos??, eu son o primeiro en criticar a inexistencia do galego na cidade pero no tocante a Balaidos presta moito escoitar a tanta xente de Vigo e do extraradio falar a lingua do país. Estaría moi ben que o capitán que é vigués e non de Écija tamén falase o galego que ben a debeu estudiar na escola e instituto. Yoel, Jony ou Alex López tamén adoitan a falar en galego cos medios do país.