Clases maxistrais de 'guión en cinema' na VI edición do FIC Vía XIV

O curso, impartido por Ángel Manzano, será unha das actividades paralelas que se programarán neste certame que organiza o Concello de Verín.

Por X.M. Fernández | Verín | 12/05/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O director do festival, Carlos Montero, anticipando actividades que complementarán o visionado das obras audiovisuais a concurso, anunciou a posta en marcha dun Curso de Guión en Cinema, que estará impartido por Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais,

Ángel Manzano. Vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais. Foto: FIC
Ángel Manzano. Vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais. Foto: FIC

A iniciativa está aberta a persoas de calquera idade e interesadas en contar unha historia. Estruturado en tres fases, a primeira delas consistirá nunha clase maxistral telemática, que se realizará a principios de xuño, na que os inscritos poderán coñecer de primeira man certos aspectos xerais relacionados co guión cinematográfico: que é un guión, como se realiza, como se estrutura e como se ordena a idea.

A segunda fase afondará nos aspectos técnicos do guión: como se desenvolve, xiros, relevancia dos diálogos, ritmo e tono. Esta segunda fase tamén se realizará de xeito telemático, uns 15 días despois da primeira.

Tras estas clases maxistrais, os inscritos terán case dous meses para desenvolver un guion de seu e xa na semana do festival haberá titorías individualizadas de estudo do material creado por parte de Ángel Manzano.

Os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, que ten un máximo de seis prazas, poderán inscribirse enviando un email cos seus datos a guion@ficviaxiv.com. O custe é tan só de 30 euros ao estar subvencionada, na súa maior parte, pola organización do Festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta