As traballadoras da limpeza volven á rúa: "non hai Disiclin que lave este motín"

O persoal da provincia da Coruña esixe unha subida salarial nun sector "precarizado, feminizado" e con soldos "moi baixos".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/05/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Traballadoras do sector da limpeza, na terceira xornada de folga convocada por CIG, UGT e CC.OO. para reclamar un convenio "digno" nas negociacións --polo momento rotas-- coa patronal, manifestáronse este mércores en Santiago con fregonas amarelas e consignas como 'Non hai Disiclin que pare este motín'.

'Somos limpadoras e non escravas' foi outro dos cánticos coreados polas manifestantes, que marcharon desde a rotonda do campus sur compostelán ata o complexo administrativo da Xunta en San Caetano. Á administración autonómica demándanlle, de feito, que impulse as conversacións coas empresas, que rexeitan a subida salarial do 1,5% para 2020 e do 2,5% para 2021 que reclama un sector "feminizado, precarizado" e con soldos "moi baixos".

Na mobilización puidéronse ver, ademais das fregonas amarelas coas que xa simbolizan as súas protestas, carteis con alusións directas a compañías como Eulen, e indicacións a que o seu é un servizo "esencial" --no contexto de crise sanitaria-- que esixe un convenio "xusto".

UNHAS 400 PERSOAS

Segundo os cálculos do portavoz do comité de folga, Paulo Rubido (CIG), na protesta deste mércores, á que estaban chamados a sumarse persoal de limpeza da universidade e da Xunta, participaron unhas 400 persoas. Neste escenario, o próximo 3 de xuño terá lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) a vista polo conflito colectivo que presentaron para conseguir o plus de transporte, e esperan unha reunión con Presidencia para abordar esta cuestión.

Manifestación das traballadoras da limpeza en folga
Manifestación das traballadoras da limpeza en folga | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Jose Manuel Souto Lamas

Unha boa limpeza de fachos@s e o que fai falla.

1 Sentidiño

As condicións de traballo na USC eran moito mellores antes de que un reitor do psoe privatizase o servizo de limpeza. Agora traballan para o pobre Florentino. Hala madrí.