O delegado do Goberno pide centrarse na vacinación antes de abrir outros debates como deixar o uso de máscara

José Miñones apelou á prudencia ante as palabras de Núñez Feijóo da posibilidade de elminar o uso da máscara na vía pública no verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apelou a "ir paso a paso" na loita contra a pandemia, que agora cre que debe estar centrada no proceso de vacinación antes de abrir debates como o fin do uso obrigatorio da máscara na vía pública.

A preguntas dos medios este mércores nunha comparecencia xunto ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tras manter un encontro no consistorio compostelán; Miñones incidiu en que a "prioridade" nestes momentos "segue sendo a vacinación".

Cuestionado sobre as palabras do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, nas que se mostrou "convencido" de que "alá polo mes de xullo, agosto" podería abandonarse o uso obrigatorio da máscara se avanza o proceso de vacinación, o representante da Administración central en Galicia apelou á prudencia.

"Veremos co bo avance no proceso de vacinación cal é o futuro e a situación. Agora, no centro debe estar a xestión da vacinación", remarcou antes de incidir en que "falar a curto ou medio prazo está ben" pero o importante é nestes momentos centrarse na inmunización da poboación.

O novo delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones, durante a toma de posesión do cargo, a 8 de abril de 2021, na sede da Delegación na Coruña, Galicia, (España). O acto celébrase tras o seu nomeamento por e. M. Dylan - Europa Press
O novo delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia, José Manuel Miñones, durante a toma de posesión do cargo, a 8 de abril de 2021, na sede da Delegación na Coruña, Galicia, (España). O acto celébrase tras o seu nomeamento por e. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta