Dous positivos detectados nun cribado con máis de 700 persoas en Cambados

Nas probas participaron 701 persoas das 1.200 citadas, o que supón unha participación do 58,58 por cento da convocatoria voluntaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectou dous positivos de Covid-19 nun cribado con 703 participantes levado a cabo no municipio de Cambados, para o que o comité clínico decretou o nivel máximo de restricións que leva peche perimetral e hostalaría só con servizo a domicilio.

Segundo informou este mércores esta área sanitaria, entre os días 10 e 11 deste mes de maio levouse a cabo este cribado con 1.200 persoas convocadas de entre 30 e 39 anos de Cambados.

En concreto, nas probas participaron 701 persoas das 1.200 citadas, o que supón unha participación do 58,58 por cento da convocatoria voluntaria, que se saldou con dous positivos.

Así mesmo, esta área sanitaria ten previsto este xoves, 13 de maio, un novo cribado ao colectivo da Confraría de Pescadores de Cambados, con 890 persoas convocadas, na mesma sede que o cribado poboacional efectuado en pasadas datas neste municipio, no Salón José Pena.

Cribado no centro de saúde de Vedra. SANIDADE
Cribado no centro de saúde de Vedra. SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta