Ollo, chega unha cicloxénese explosiva

Unha borrasca asociada a este fenómeno meteorolóxico que estoupará no Reino Unido barrerá Galicia a madrugada do luns. Haberá chuvias intensas e fortes ventos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2013 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Non se enganen con este sábado. Será un tempo máis tranquilo, con apertura de claros, principalmente no interior, pero será cousa dun día. O domingo empeorará xa dende o mediodía. E cando chegue a noite, unha cicloxénese explosiva estoupará no Reino Unido. E a Galicia chegará a onda: unha borrasca asociada a ese fenómeno, segundo informa a web 4gotas.com.

A fronte barrerá o noroeste do Estado na madrugada do luns. As chuvias serán intensas en Galicia e chegarán precedidas de fortes ventos, especialmente na costa. Se mal pinta a cousa en terra firme, peor será no mar, aínda que moi lonxe do que se agarda para Reino Unido.

Deste xeito, caerá máis auga da que xa caeu esta semana. Nos últimos catro días, choveu na Coruña e Ferrol uns 100 litros por metro cadrado, a mesma cantidade que adoita caer de media en todo un mes de outubro.

Árbores derrubados por un temporal en Ribeira
Árbores derrubados por un temporal en Ribeira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 DigoEu

Mentira. Non chegou.