Trasladan ao hospital dúas persoas na Coruña por inhalación de fume

Os feitos tiveron lugar nun edificio na rúa Colombia, ao redor do nove da mañá.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2021 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser trasladada por inhalación de fume despois de orixinarse un incendio nunha vivenda, na cidade da Coruña.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP


Os feitos tiveron lugar nun edificio na rúa Colombia, ao redor do nove da mañá. Foi a esa hora cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar de que estaba a ver saír fume pola porta dun dos pisos do bloque, sen coñecer se había alguén no interior do mesmo.

Os operadores do CIAE-112 alertaron aos Bombeiros da Coruña, aos servizos sanitarios, aos axentes da Policía Local e a Protección Civil.

Ao final das tarefas de extinción levadas a cabo, a dotación de Bombeiros desprazada ata o punto confirmoulle ao 112 que ardeu roupa acumulada na estancia da vivenda e que o fume chegou a afectar o resto da habitación.

Finalmente, o 061 ratificou que tiveron que ser atendidas dúas persoas por inhalación de fume e que trasladaron a unha delas ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta