Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2021 | Actualizada ás 20:33
A Consellería de Sanidade non notificou o falecemento de ningunha persoa con covid-19 este sábado en Galicia, polo que o número de vítimas mortais rexistrado desde o inicio da pandemia mantense en 2.401 na comunidade autónoma.
Os últimos casos foron un home de 68 anos, que se atopaba ingresado no Hospital Vithas Vigo e que faleceu ao longo do xoves, e unha muller duns 102 anos de idade, no Hospital do Salnés este mesmo venres. A última xornada na que as autoridades sanitarias galegas non informaron de ningún falecido foi este luns, aínda que finalmente rexistráronse casos comunicados posteriormente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.