O grupo de entre 18 e 34 anos son os que menos reciclan

Só un 4% dos españois leva a cabo todas as accións para ter un fogar sostible, sendo os fogares galegos máis sostibles os dos maiores de 55 anos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2021 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Segundo o estudo "Fogar e sostibilidade: realidade ou desexo", o 39% dos maiores de 55 anos afirma realizar case todas as accións que fan que un fogar sexa 100% sostible, sendo a reciclaxe e o emprego de bolsas reutilizables para a compra as máis habituais.

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo

O estudo foi realizado por Mutua de Propietarios e Leroy Merlin entre máis de 1.500 fogares de España e destaca que só o 4% dos españois leva a cabo todas as accións que permitirían considerar un fogar sostible. Porén, o 80% dos galegos si é consciente da importancia delo.

Por outra banda, o grupo entre 18 e 34 anos é o que menos accións sostibles realiza nos fogares, pois só o 21% admite levar a cabo esas tarefas para manter un fogar sostible. Ante isto, o director xeral de Mutua de Propietarios, Christopher Bunzl, sinala que aínda que a conciencia en materia de sostibilidade é cada vez maior, é importante "continuar educando ás xeracións futuras na importancia de adoptar hábitos de vida que contribúan a coidar o noso entorno". 

Entre esas accións destacan como as máis habituais entre os galegos a reciclaxe (un 46% afirma reciclar) ou manter unha temperatura adecuada do fogar segundo a temporada. Pola contra, só o 28% dos galegos afirma apagar os aparellos electrónicos cando non se están empregando, o 28% non deixa os cargadores desenchufados e só o 11% consome alimentos locais. En canto ao uso de elementos sostibles, estes non son moi habituais polo descoñecemento ou polo seu custo, sendo as lámpadas LED ou os electrodomésticos A++ os máis comúns e presentes nos fogares. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta