A Xunta articulará o plan estratéxico do polo aeroespacial 2021-2025

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) puxo en marcha a nova sala 'Demostrador Tecnolóxico', un espazo de divulgación e demostración da actividade de I+D+i que se realiza neste centro, dedicado á Intelixencia Artificial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobará no Consello deste xoves, 20 de maio, o plan estratéxico do polo aeroespacial de Galicia 2021-2025.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destaca que será a folla de ruta a seguir para atraer investimentos e consolidar o ecosistema de innovación e de empresas do sector.

Subliña que coa urbanización da primeira fase do parque tecnolóxico e industrial de Rozas e os dous hangares de Indra e Babcock ponse á disposición da comunidade científica e empresarial unhas instalacións "de vangarda" para desenvolver novos proxectos de base tecnolóxica no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados.

Actualmente, están urbanizados máis de 31.400 metros cadrados dos que máis de 7.100 son parcelas para empresas, cun investimento que suma 4,5 millóns de euros en total, incluídos os dous hangares.

Así mesmo, Conde remarca que o polo aeroespacial de Galicia é un proxecto tractor e estratéxico na candidatura galega aos fondos Next Generation, para o que a Xunta espera mobilizar máis de 500 millóns de euros.

Igualmente, destaca que, desde que en 2015 púxose en marcha esta iniciativa, xa mobilizou dez veces máis do investimento previsto, 164 millóns de euros en total, coa participación de 937 profesionais.

Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK - Arquivo
Polo aeroespacial de Rozas. BABCOCK - Arquivo | Fonte: Europa Press

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) puxo en marcha a nova sala 'Demostrador Tecnolóxico', un espazo de divulgación e demostración da actividade de I+D+i que se realiza neste centro, dedicado á Intelixencia Artificial.

Ao acto de inauguración, asistiron, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Xullo Abalde; a alcaldesa, Inés Rei, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez.

O reitor subliñou que se trata dunha sala "onde se van a poder ver distintos proxectos e solucións tecnolóxicas baseadas na Intelixencia Artificial e a robótica. "Son solucións que se poden aplicar en calquera industria", dixo o reitor que apuntou que o obxectivo é que empresas e persoas interesadas poidan ver os proxectos "e facer desenvolvementos para a súa empresa".

Pola súa banda, o conselleiro Román Rodríguez destacou a importancia deste novo espazo. "É un bo proxecto que vai servir para que sexamos conscientes do traballo que se fai nestes centros".

Ademais, reafirmou o compromiso da Xunta coa investigación e destacou que "en centros universitarios de referencia como este, podamos desenvolver investigación de alto nivel". Tamén vinculou estas actuacións ao mundo da empresa e da transferencia de coñecemento neste ámbito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta