Unanimidade no Parlamento galego para reclamar a normalización do galego nos centros sanitarios

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/05/2021 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A Cámara galega aprobou, por unanimidade, unha iniciativa do BNG para instar á Xunta a "normalizar" a presenza do galego nos centros sanitarios e garantir a existencia de exemplares na lingua propia de Galicia de toda a documentación que se deba facilitar aos pacientes.

A proposta do BNG saíu adiante este xoves na comisión de Sanidade e tamén demandou ao Goberno galego a realización de "todas as actuacións formativas precisas" para que os profesionais dispoñan da competencia lingüística necesaria para atender os pacientes en galego e para que coñezan "os dereitos lingüísticos que os asisten".

Os deputados durante a comisión de Sanidade
Os deputados durante a comisión de Sanidade | Fonte: Parlamento de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta