A Coruña celebrará por segundo ano un San Xoán sen fogueiras nas praias

A festa centrarase, de novo, nos barrios.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 21/05/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A Coruña terá por segundo ano unha celebración do San Xoán sen fogueiras nas praias, segundo anunciou este venres a alcaldesa, Inés Rey, que explicou que será de maneira similar ao ano pasado e centrado nos barrios.

Fogueiras na Coruña en San Xoán
Fogueiras na Coruña en San Xoán | Fonte: Europa Press.

Será, segundo expuxo, unha festa familiar nas rúas co obxectivo de evitar aglomeracións. "Será unha festa do inicio do verán onde a xente poderá gozar das churrascadas e sardiñadas, sempre mantendo as distancias de seguridade", expuxo.

A alcaldesa lamentou que o San Xoán coruñés non poida ser como antes da pandemia, pero insistiu en que se están dando "pasos cara á recuperación da normalidade" e que as decisións se adoptan en base á situación epidemiolóxica para "non dar marcha atrás".

Respecto diso, indicou que celebrar a noite de San Xoán nas praias con miles de persoas nos areais non sería prudente. "Aínda que xa non estamos no estado de alarma e os datos convidan ao optimismo, a crise sanitaria da Covid-19 persiste", incidiu.

Como o ano pasado, non se poderá realizar algunha das actividades tradicionais. Pecharase o acceso aos areais, que deberán baleirarse de persoas ás 21,00 horas. Non se poderá facer fogueiras en ningún espazo público da cidade, nin poderá haber música ao vivo, nin se autorizará peche de vías públicas. Si se permitirán sardiñadas ou churrascadas en espazos de titularidade pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta