Case 400 persoas pasaron polo programa '+50 Contigo' que ten o Concello da Coruña xunto á Asociación Renacer

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, explicou que este proxecto "atende as persoas maiores que están nunha situación de vulnerabilidade social".

Por E.P. | A CORUÑA | 21/05/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, visitaron este venres a sede da Asociación Renacer, na Sacra Familia, para coñecer o labor da entidade.

Na visita, a rexedora destacou o traballo da asociación e do seu presidente, José Pernas, "un exemplo de como o labor social e o terceiro sector son fundamentais na cohesión social, na dinamización dos barrios e na axuda a colectivos marxinais para a súa plena integración".

A rexedora lembrou que a asociación traballa desde o ano 1985 centrada, nun primeiro momento, en programas vinculados ao alcoholismo e á drogodependencia, pero que co paso dos anos ampliou a súa actividade a outros colectivos en situación de risco de exclusión.

A alcaldesa e a concelleira de Benestar Social tamén coñeceron o funcionamento do programa de atención a persoas maiores '+50 Contigo', froito dun convenio co Concello da Coruña cunha achega municipal de 75.000 euros. Nos tres primeiros meses de vida xa atendeu a 400 persoas.

Neira explicou que este proxecto "atende as persoas maiores que están nunha situación de vulnerabilidade social e que grazas a este convenio van sendo capaces de poder volver á vida laboral e de acceder ás pensións de xubilación".

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e a edil de Benestar Social, Yoya Neira, visitan a asociación Renacer. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e a edil de Benestar Social, Yoya Neira, visitan a asociación Renacer. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta