Formación gratuita e online para desempregados do concello de Pontevedra

Segundo explica a concelleira impulsora deste servizo, a socialista Yoya Blanco, a oferta de cursos abrangue distintos bloques temáticos que teñen o obxectivo de facilitar a inserción laboral.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 24/05/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Pontevedra conta desde hoxe cun servizo municipal gratuíto de formación en liña para desempregados que estean empadroados no concello. A iniciativa, enmarcada dentro das accións postas en marcha pola Concellería de Promoción Económica para mellorar a empregabilidade dos veciños do municipio e achegar as ferramentas básicas necesarias para a procura e consolidación de postos de traballo, pon a disposición da cidadanía unha

A concelleira Yoya Blanco presentando a iniciativa.
A concelleira Yoya Blanco presentando a iniciativa.

plataforma online cunha proposta inicial duns 500 cursos en 29 áreas diferentes.

Segundo explica a concelleira impulsora deste servizo, a socialista Yoya Blanco, nesta oferta "inclúense talleres que abranguen bloques temáticos como Administración e Oficinas, Ofimática, Internet e Redes Sociais, Deseño Gráfico, Desenvolvemento Web, Informática, Idiomas, Alimentación e Hostalería, Márketing e Vendas, Oficios...”.

“Queremos facilitar a preparación das persoas para o mercado laboral, cunha plataforma que permitirá renovar, dun xeito sinxelo e cómodo, as competencias que dan acceso a un posto de traballo ou a outros plans máis ambiciosos, empregando as vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para achegar un método de difusión masiva nestes momentos da pandemia, nos que aínda debemos manter as medidas de seguridade recomendadas fronte á Covid-19”, sinala a edil de Promoción Económica.

Blanco indica que o acceso aos cursos “será libre e gratuíto para persoas empadroadas no concello de Pontevedra que teñan 16 anos ou máis e se atopen en situación de desemprego”. A empresa pontevedresa de formación Docensa, dirixida por José Luis Bouzas, colabora coa Concellería neste proxecto, encargándose de dar ao alumnado "todo o soporte necesario". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta