Temas: MúSICA

Cineuropa 2013 comeza con varios concertos

O Festival de Cinema Internacional de Santiago de Compostela organízase entre o próximo 7 e 29 de novembro de 2013. Como adianto, o ciclo Música de Cámara (Cámara en movemento 2) ofrece una salientable variedade de formacións camerísticas. Nesta ocasión presentará dúas novas citas no mes de novembro, os mércores 6 e 13, en colaboración coa Escola de Altos Estudos Musicais e dentro do programa Cineuropaconcerto.

Por GC Tendencias | Santiago | 04/11/2013 | Actualizada ás 23:05

Comparte esta noticia

Mércores 6 de novembro: Davide Formisano, frauta e Eriko Ishimoto piano interpretarán un concerto con obras de Johann Sebastian Bach (1865-1750), Sergei Prokofiev (1891-1953), Ennio Morricone (1928), Albert Roussel (1869-1937), Nino Rota (1911-1979) e Paul Taffanel (1844-1908) no Paraninfo da Universidade da Facultade de Xeografía e Historia

Davide Formisano (frauta). Nacido en 1974 en Milán, moi novo gaña o concurso Galileo Galilei de Florencia e o concurso internacional de Stresa, obtendo a continuación prestixiosos recoñecementos nos máis salientables concursos internacionais, como o Jean-Pierre Rampal de París e os de Budapest e Múnic. Foi o primeiro frautista italiano en ter tales recoñecementos. En 1995 obtén o posto de frauta solista na Filharmónica de Hamburgo e en 1996 na Filharmónica da Radio de Holanda.  En 2012 decide dedicarse de cheo á música de cámara, solista e didáctica. Toca unha frauta Muramatsu 24k All Gold.

Eriko Ishimoto (piano) Nace en Xapón. Actualmente traballa en Santiago de Compostela, como profesora de piano na Escola de Música Berenguela , e como pianista na Escola de Altos Estudios Musicais. Entre os galardóns acadados destacan, o 2º premio no concurso para estudantes da área de Tokio (1984) e o diploma especial no concurso internacional Vincenzo Bellini (1994); o 2º premio no concurso internacional Cittá di Mazara del Vallo (1996); a mención “ The highest place as a pianist” no concurso F. M. Classics de Ámsterdam (1997); o premio Schubert no concurso internacional Viotti-Valsesia, e o 3º premio co concurso internacional A. M A. Calabria (1999). Actuou xunto coa Noord Nederlands Orquesta en Holanda e coa Orquestra Ensemble Kanazawa en Xapón.

E mércores 13 de novembro será a sala de cámara do Auditorio de Galicia, Sala Mozart, a que acollerá de novo a Eriko Ishimoto ao piano acompañda de Eduardo Martínez ao oboe, e ofrecerán un programa con obras de Johann Sebastian Bach (1865-1750), Benjamin Britten (1913-1976), Camille Saint-Saëns (1835-1921), Wolfgang Amadeo Mozart (1756-1791) e Paul Hindemith (1895-1963)

Eduardo Martínez Caballer (óboe). Nacido en Godella (Valencia). Fórmase musicalmente no Conservatorio de Valencia e en diferentes escolas europeas estudando principalmente cos oboístas Thomas Indermühle e Heinz Holliger. Como solista de óboe actuou en diversas ocasións con numerosas orquestras, entre outras a Orquesta Ciudad de Granada, Klangforum Wien, Orquesta Nacional de Colombia, Orquesta Sinfónica Nacional de Perú, con directores como Josep Pons, Peter Rundel, Kees Bakels e Alfredo Rugeles entre outros. Gravou xunto ao pianista Riccardo Cecchetti sonatas de W. A. Mozart e música do romanticismo para óboe e piano, e co Ensemble Matisse.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta