A Xunta declara o máximo nivel de restricións en Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos

Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro terán restricións de nivel alto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2021 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.

Cadeiras e mesas apiladas, na terraza dun bar do Grove, o día en que entra en vigor o peche perimetral do municipio, a 8 de abril de 2021, no Grove, Pontevedra, Galicia, (España).. Beatriz Ciscar - Europa Press
Cadeiras e mesas apiladas, na terraza dun bar do Grove, o día en que entra en vigor o peche perimetral do municipio, a 8 de abril de 2021, no Grove, Pontevedra, Galicia, (España).. Beatriz Ciscar - Europa Press

Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro. 

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta