Inés Rey reafirma a viabilidade da planta de residuos de Nostián

A alcaldesa da Coruña pide que non se manden "mensaxes apocalípticas".

Por E.P. | A Coruña | 28/05/2021 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reafirmou a viabilidade da planta de residuos de Nostián e pediu que non se manden "mensaxes apocalípticas" .

Rey respondeu así ás declaracións da Marea Atlántica, que puxo en dúbida a viabilidade da planta e acusou o goberno local de pouco diálogo cos concellos da área metropolitana.

A alcaldesa lembrou que este modelo de tratamento dos residuos é "viable desde hai moitos anos" e lembrou que traballan na súa futura licitación.

"A licitación farase adaptada ás novas normas europeas, á realidade de 2021, que non é a de hai 25 anos, e a viabilidade está garantida e o diálogo cos concellos é constante", asegurou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: ANDY PÉREZ - Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta