O sol e altas temperaturas enchen as praias galegas este domingo

Para este luns xa se agardan treboadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2021 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

O sol e as altas temperaturas rexistradas este domingo en gran parte do territorio galego tiveron o seu reflexo nas praias de Galicia, que nalgúns casos rexistraron unha elevada afluencia de persoas que acudiron a tomar o sol e darse un baño. Aínda que o verán non empeza oficialmente ata o 21 de xuño, este último fin de semana de maio Galicia rexistrou temperaturas propias desta estación.

Segundo a información de Meteogalicia, a cidade de Ourense rexistrou unha máxima de 33 graos e a de Pontevedra, de 30, mentres que Vigo chegou aos 27 graos; e Lugo e Santiago de Compostela, aos 25 graos. Ferrol quedou en 24 graos e A Coruña, en 22 graos.

Xa este luns, as altas temperaturas continuarán, e mesmo as máximas estarán en ascenso nalgúns puntos de Galicia. Iso si, haberá inestabilidade atmosférica e espéranse treboadas, así como chuvascos treboentos, máis probables no interior.

Numerosas persoas báñanse e toman o sol na praia de Samil, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Numerosas persoas báñanse e toman o sol na praia de Samil, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España).. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta