Gonzalo Caballero denuncia "corrupción e imparcialidade" no Executivo de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG sinala que o informe indicador de calidade dos gobernos subnacionais, elaborado polo Instituto de Calidade do Goberno co apoio da Comisión Europea, sitúa a Galicia á cola dos gobernos das autonomías de España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este luns que o Goberno de Feijóo está "á cola" dos gobernos das autonomías en España en calidade por "imparcialidade, corrupción e a calidade dos seus servizos públicos".

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o xefe de filas dos socialistas galegos sostivo que "hai un fallo institucional" na Xunta de Galicia como mostra "o indicador de calidade dos gobernos subnacionais da Unión Europea", un informe que fai o Instituto de Calidade do Goberno co apoio da Comisión Europea.

Segundo indicou, este estudo sinala que en Galicia hai "un Goberno autonómico que ten enromes déficits en calidade institucional". "É un indicador que mide cuestións de imparcialidade na xestión do público, os criterios de corrupción e a calidade dos servizos en sanidade, educación e cumprimento da lei", afirmou.

O socialista argumentou que, cando se observa o último informe publicado en 2021, vese que Galicia "está na cola das comunidades autónomas de España". "Estamos na posición 14 de 17 en calidade de goberno", subliñou.

Fronte a iso, Gonzalo Caballero considerou necesario "un goberno eficiente, eficaz e con calidade para afrontar a reactivación". "A calidade das institucións e os gobernos é un elemento fundamental para a reactivación, para o crecemento económico e a loita contra a desigualad", sinalou.

Por iso, emprazou a Feijóo "deixar de estar cos brazos caídos" e "porse a conseguir un goberno capaz de liderar a reactivación". "Non hai xestión á hora de afrontar esa reactivación económica en Galicia por parte de Feijóo", afirmou Gonzalo Caballero, que sostivo que o Executivo galego "está superado e desbordado" e "non ten a calidade e as competencias suficientes para liderar o gran reto da reactivación".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta