Entidades de apoio a mulleres vulnerables, vítimas de trata e explotación laboral poderán acceder a axudas autonómicas

Os programas financiados ao amparo desta resolución poden ser ou ben de desenvolvemento de recursos integrais para mulleres xestantes ou lactantes con fillos menores de tres anos ou de atención especializada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a resolución das axudas a entidades de apoio a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e a convocatoria doutro plan de subvencións para o desenvolvemento de proxectos orientados a vítimas de trata e explotación laboral.

O primeiro dos programas está dotado con 1,4 millóns de euros de orzamento, que se repartirán entre 61 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para pór en marcha programas específicos de atención especializada a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo explica a Administración autonómica, o obxectivo é "fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír a reducir a dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade" así como apoialas para que conten con "unha maior autonomía e independencia" e así contribuír a "mellorar a súa situación laboral, social e persoal".

A consideración de mulleres en sitaución de especial vulnerabilidade abarca desde vítimas de violencias de xénero, explotación sexual ou laboral, inmigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas, pertencentes a unha minoría étnica ou reclusas e exreclusas, entre outros supostos.

Os programas financiados ao amparo desta resolución poden ser ou ben de desenvolvemento de recursos integrais para mulleres gestantes ou lactantes con fillos menores de tres anos ou de atención especializada. As entidades beneficiarias deben comunicar que aceptan as axudas concedidas nun prazo de dez días e terán que executar o programa subvencionado antes do 30 de setembro de 2021.

Por outro lado, a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para o impulso de proxectos de atención a mulleres vítimas de trata ou de explotación sexual ou laboral tamén botou a andar este mércores coa publicación das bases no DOG.

Deste xeito, as entidades poderán presentar as súas solicitudes a partir deste xoves e durante os próximo meses. A convocatoria conta cun orzamento de 450.000 euros para o financiamento de programas ata un máximo de 70.000 euros vinculados a estes colectivos.

Así, a orde establece que serán susceptibles de recibir axudas iniciatvas como atención inicial nos chamamentos realizados por autoridades xudiciais, fiscais e policiais, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación laboral ou programas de traballo de campo.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausura unha xornada telemática
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausura unha xornada telemática | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

FAMILIAS NUMEROSAS

Núñez Feijóo tamén anunciou unha partida de 62 millóns de euros para activar un plan para familias numerosas con 48 medidas, que inclúen bonificacións fiscais, exencións de pagos e descontos no período 21-23.

Entre as medidas que detallou o mandatario autonómico, atópase a ampliación a tres anos da Tarxeta Benvida con 200 euros para familias numerosas, que poden chegar a 3.000 euros no caso de nacementos no medio rural.

Ademais, o plan inclúe descontos nas autoestradas galegas, actividades culturais e espectáculos; descontos en matrículas universitarias e exencións, tamén para oposicións; e deducións no IRPF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta