Feijóo defende aos que se manifestan contra os indultos, pero non acudirá por motivos de axenda

Non detalla o destino da viaxe internacional que di que ten programada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/06/2021 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou que existen "razóns poderosas" para que calquera cidadán se manifeste o próximo 13 de xuño contra os indultos aos condenados polo procés, unha protesta á que o non acudirá por motivos de axenda institucional.

"Hai razóns poderosas para manifestar por parte de calquera cidadán, de calquera comunidade autónoma, a súa posición en relación coa ameaza de indultar a persoas que nin solicitaron o indulto e que, ademais, manifestan que van continuar nos feitos delituosos que deron lugar á condena", afirmou.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno e tras ser preguntado sobre se acudiría a esta manifestación en Madrid, Feijóo subliñou que "as sociedades democráticas exprésanse democraticamente nas rúas, nos medios de comunicación ou na opinión emitida por calquera cidadán".

Neste sentido, o presidente galego asegurou "entender perfectamente" que haxa "moita xente" que, "con independencia da súa posición ideolóxica e de se se considera dun partido ou doutro partido, non está de acordo" con esta medida que cualifica de "equivocación". "É unha equivocación, nestas condicións e neste momento, indultar a políticos que cometeron delitos e que, ademais, o seu proxecto político é seguir cometéndoos. E entendo perfectamente que haxa cidadáns que o expresen con claridade", sostivo.

Con todo, dixo que non cre que "lle sexa posible asistir" tendo en conta que sairá de viaxe "ese mesmo domingo á primeira hora". "E, ademais, é unha viaxe internacional por tanto, non creo que sexa compatible o estar coa axenda de presidente da Comunidade autónoma", sinalou para reiterar que "entende perfectamente" esa manifestación ante unha decisión coa que "o Goberno se precipita" e que "non é proporcional á situación" que se vive.

Con todo, incidiu en que a axenda como presidente da Xunta "está por encima de calquera outra axenda, tanto orgánica como individual". "Primeiro está a axenda institucional e despois o resto de compromisos", sinalou para sinalar que a "axenda institucional é a prioritaria para calquera político medianamente responsable". "E eu intento ser un político responsable", apuntou.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posteiror á reunión semanal do seu Goberno. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posteiror á reunión semanal do seu Goberno. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Aínda que o destino da viaxe aínda non se detallou, fontes do Goberno galego sinalaron que este xa estaba programado con anterioridade á convocatoria da manifestación por parte da plataforma cívica Unión 78.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta