A UE endurece desde este xoves os controis sobre a entrada e saída de diñeiro en efectivo

As novas normas actualizan a definición de efectivo para que inclúa tamén moedas de ouro e outros produtos fabricados con este material.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 02/06/2021 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A Unión Europea endurece desde este xoves 3 de xuño os controis que se efectúan para controlar a entrada e saída de diñeiro efectivo no bloque dentro da súa estratexia para loitar contra o branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo.

Na actualidade, todos os viaxeiros que entren ou saian da UE con 10.000 euros ou máis (ou o seu equivalente noutras divisas e outros medios de pago) están obrigados a declaralo. Os cambios que entran en vigor este xoves endurecen as normas para facer "mesmo máis complicado" o movemento de "grandes cantidades de efectivo non identificado", explicou a Comisión Europea.

En primeiro lugar, as novas normas actualizan a definición de "efectivo" para que inclúa tamén moedas de ouro e outros produtos fabricados con este material. Así, contaranse para chegar aos 10.000 euros billetes e moedas, vales, notas promisorias, moedas de ouro cun contido de polo menos o 90% e outros produtos de ouro cun contido superior ao 99,5%.

Doutra banda, as autoridades aduaneiras poderán reclamar unha declaración de efectivo se detectan que se enviou ou introducido 10.000 euros en efectivo a través de correo postal ou por transporte de mercadorías. Nestes casos, a declaración terá que ser entregada dentro dun período de trinta días polo remitente, o receptor ou un representante legal dos dous.

Ademais, as autoridades aduaneiras dos Estados membros terán competencias para actuar cando se pretenda introducir ou sacar menos de 10.000 euros en efectivo se existen sospeitas de que ese diñeiro está vinculado a unha actividade criminal.

As novas normas tamén buscan garantir que as autoridades competentes e as unidades de intelixencia financeira de cada país "teñen a información que necesitan para rastrexar e atallar movementos de efectivo que poderían utilizarse para financiar actividades ilegais".

O endurecemento dos controis para a entrada e saída de efectivo trasladan á lexislación europea os últimos estándares internacionais acordados no seo do Grupo de Acción Financeira Internacional (GAFI).

Bandeira da Unión Europea (UE). Hollie Adams/PA Wire/dpa
Bandeira da Unión Europea (UE). Hollie Adams/PA Wire/dpa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta