Emilio Pérez Touriño analiza nesta entrevista a actual situación da socialdemocracia no contexto económico e social da Unión Europea. Faino no seu libro 'El horizonte europeo: Estado-nación y socialdemocracia' no que suliña a necesidade dunha Unión Europea máis cohesionada no económico e social para facer fronte a retos como a débeda dos estados membros e a creación de políticas públicas baseadas no ideario socialdemócrata de igualdade e solidariedade. "Cada certo tempo temos as eleccións, estamos máis concentrados no ámbito autonómico, local, que son fundamentais, mais debemos mirar máis alá", asegura.