As fake-news, a memoria, o amor e a diversidade... fíos condutores da nova MIT de Ribadavia

Tras un 2020 de "resistencia e compromiso" e baixo o lema "A arte marca a diferenza" un dos festivais de referencia da escena galega presenta a imaxe da súa 37ª edición.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2021 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

Fake-news, manipulación na era da posverdade, dramaturxia contemoránea, memoria, coproducións, amor e diversidade. Eses son algúns dos fíos condutores da nova edición dun festival que é xa referencia da escena galega e do panorama escénico máis innovador. "Selvática, refrescante e provocadora": esa é a imaxe da 37ª edición da MIT de Ribadavia, que presentará a súa programación a finais deste mes de xuño.

A MIT, en Santo André de Camporredondo.
A MIT, en Santo André de Camporredondo. | Fonte: MIT de Ribadavia

Como unha edición "especial" despois dun 2020 de "resistencia e compromiso", a organización do festival adianta que contará coa presenza de mestres da escena mundial e  novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador. Na presentación da edición, ademais, explicarán polo miúdo os fíos condutores "entre dramaturxias a partir de Shakespeare, pezas de danza contemporánea, novo circo e espectáculos para público familiar".

O deseño da imaxe deste ano volve estar asinado por Ainhoa Viñuela e Blanca Selas (A&B

Comunicación e Deseño), responsables tamén do documental “Non vale parar”, estreado no mes de marzo e que retrata o recordo e as peculiaridades dunha edición pandémica "a ceo aberto". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta