A Deputación promoverá máis de 200 espectáculos na comarca da Coruña e As Mariñas

A institución provincial investirá 420.008 euros para finalizar as obras de humanización de avenida de San Campio, en Serra de Outes.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/06/2021 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Rede Cultural da Deputación da Coruña promoverá un total de 222 espectáculos na comarca da Coruña e As Mariñas, segundo informa a institución provincial. O orzamento do programa será de 401.276 dos que 223.552 proveñen da achega da área de Cultura.

Dos máis de 1.400 espectáculos que este ano ofrecerá a Rede Cultural da Deputación da Coruña, un total de 222 realizaranse nos concellos da área de coruñesa e As Mariñas. Betanzos con 30 espectaculos, Cambre e Carral con 21 e Sada con 27 encabezan a listaxe de concellos que máis propostas presentaron ao catálogo ofertado a través desta rede.

Por outra banda, a Deputación da Coruña investiu, a través do Plan Único, case tres millóns de euros para financiar obras no concello de Frades, dos que 639.942 euros corresponden a proxectos para este ano 2021.

Ademais, a institución provincial investirá 420.008 euros para finalizar as obras de humanización de avenida de San Campio, en Serra de Outes.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta