Rescatan a unha persoa en Carballeda de Valdeorras que se precipitou nunha zona de difícil acceso

Bombeiros e o GES de Valdeorras descenderon á zona e procederon á evacuar ao accidentado a un centro sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias rescataron á primeira hora deste sábado a unha persoa que se precipitou nunha zona de difícil acceso do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

Segundo o CIAE 112 Galicia, o incidiente tivo lugar pasadas as 07,30 horas deste sábado, cando a central de emerxencias recibiu unha chamada na que se pedía axuda para unha persoa que sufrira unha caída nun punto ao que non se podía acceder.

Desprazados ao lugar do incidente, situado no lugar da Medua da parroquia de San Xusto, efectivos dos bombeiros e o GES de Valdeorras descenderon á zona onde se atopaba o accidentado, que foi trasladado en padiola ata unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 para a súa posterior evacuación a un centro hospitalario.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta