Rescatada unha muller que caeu nunha zona de pozas de difícil acceso en Soutomaior

A muller foi rescatada sobre as 22.00 horas do domingo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 07/06/2021 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Unha muller foi rescatada tras sufrir unha caída nunha zona de pozas de difícil acceso no termo municipal de Soutomaior a última hora da tarde deste domingo.

Segundo informou o 112, este domingo sobre as 20,00 horas un particular alertou ao servizo de emerxencias de que unha compañeira resultara ferida tras caer preto das pozas do Río Oitavén, en Soutomaior.

Durante a comunicación cos xestores do CIAE 112, as persoas indicaron que descoñecían o lugar exacto no que se atopaban e afirmaron que se trataba dunha zona de difícil acceso. Por iso, o 112 Galicia conseguiu a localización dos particulares mediante as coordenadas enviadas polo servizo de mensaxería de WhatsApp e facilitóuselle a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil.

Finalmente, aproximadamente ás 22,00 horas, os membros de Protección Civil, xunto co persoal sanitario e outros viandantes que se atopaban pola zona, conseguiron chegar ata a persoa ferida.

Unha vez no lugar, Protección Civil de Soutomaior confirmoulle ao 112 que a muller tivo que ser inmobilizada e, posteriormente, trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

Unha ambulancia traslada a un paciente con covid
Unha ambulancia traslada a un paciente con covid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta