Morre un home de 79 anos e elévase a cifra de falecidos coa covid-19 en Galicia a 2.427

O home, que presentaba patoloxías previas, permanecía ingresado no CHUS.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este luns da morte dun home de 79 anos que permanecía ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e que fora diagnosticado coa covid-19.

Segundo detallou o departamento autonómico, o falecemento tivo lugar o pasado día 4 de xuño e o home presentaba patoloxías previas.

Despois de que nas xornadas do sábado e do domingo Sanidade non comunicase ningún novo falecido, a morte deste home eleva a 2.427 as vítimas mortais en Galicia coa covid-19.

Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo
Clínico, Chus. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta