O auxiliar de enfermería que animaba a maiores dependentes denuncia carencias sociosanitarias

O fisterrán Jose Insua, que triunfa en TikTok e Instagram cos vídeos nos que anima a maiores en residencias, grava un vídeo para falar da importancia de participar na "Asociación Pediatras e Matronas XA".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O tik toker "Jose de Fisterra" é o traballador dun centro para maiores dependentes que "dende hai 15 anos comeza e remata o seu turno de noite cantando, bailando e repartindo coidados con moito agarimo".  Algo que, explican dende a Asiciación Pediatras e Matronas XA, fai dende sempre pero cobrou especial valor na época do confinamento e illamento social.

O auxiliar e tik toker 'Jose de Fisterra'.
O auxiliar e tik toker 'Jose de Fisterra'.

Dende a asociación contan que o traballador e animador que "revoluciona o ánimo da xente" deulle unha volta á súa habilidade para facer denuncias sociais: para reinvindicar carencias sociosanitarias. Así, nos seus últimos vídeos "representa a importancia de participar na asociación" e convida a loitar para que crianzas, familias e mulleres teñan garantido este servizo na Atención Primaria.

O tik toker, ademais de denunciar carencias e reinvindicar dereitos, grava vídeos costumistas que parodian esceas do día a día "cun toque fisterrán, na sorna e na fala, que o fai único".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta