Un home acaba ferido logo de quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Lalín

O home foi trasladado en ambulancia a un centro médico. Foron avisados, entre outros, axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/06/2021 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido esta tarde de xoves ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha leira situada no lugar de Palmaz, no municipio de Lalín.

Sobre as 16,00 horas, o 112 recibiu aviso dun particular, polo que mobilizou ao 061 e bombeiros do Deza, quen liberaron ao home atrapado.

Posteriormente, o home foi trasladado en ambulancia a un centro médico. Foron avisados, entre outros, axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta