Por Galicia Confidencial | Madrid | 21/11/2013 | Actualizada ás 11:07
Hai mes e medio o colectivo Mallando no Android lanzou unha campaña para levar a nosa lingua a todo o ecosistema Android (o sistema operativo máis común nos teléfonos intelixentes, tabletas, etc). Onte representantes desta iniciativa mantiveron unha reunión con directivos de Google en España e os resultados son esperanzadores.
"Confirmáronnos que desde Google España veñen de facer unha solicitude interna ao equipo de Android para que se introduza o galego en próximas versións do sistema operativo" explica Mallando no Android. Malia esta " mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizos" o grupo deixa claro que o xigante norteamericano non comprometeu ningún prazo para facer realidade esta promesa.
Por iso, "cómpre non acomodarse" e seguir metendo presión a Google. Mallando no Android xa leva máis de 3.300 sinaturas recollidas en Chage.org para tal finalidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.