A Xunta calcula estender o bono turístico aos galegos en lista de espera

A Deputación de Coruña firma un convenio para achegar 300.000 euros a este programa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron este luns un convenio polo cal a institución provincial achegará 300.000 euros ao bono turístico, co que o Goberno galego cre que se poderá chegar a boa parte dos que quedaron en lista de espera.

Alfonso Rueda agradeceu á Deputación da Coruña que se some a esta iniciativa. Así, expresou que sempre se fala de "colaboración" entre institucións, pero hai que facer cousas que a demostren e dixo que "isto é un exemplo". Ademais expresou que a colaboración "vai por encima das cores políticas".

O vicepresidente dixo que a Xunta era "consciente" dos meses "tan difíciles" da hostalaría. Rueda lembrou que o sector turístico "sufriu especialmente" e reafirmou o seu compromiso para axudalos. Alfonso Rueda cualificou ao bono turístico como "un éxito" e afirmou que isto demostra que "temos ganas de viaxar e de axudar en Galicia". As reservas que se están producindo "convidan o optimismo e fan augurar un consumo interno".

Os 300.000 euros achegados pola Deputación da Coruña terán un "efecto multiplicador", xa que unidos aos fondos da Xunta e ao sobrante de bonos sanitarios, permitirá que 5.000 persoas que estaban en lista de espera se poidan beneficiar do bono, chegando aos 10.000 beneficiarios.

De cara a 2022, o vicepresidente tamén se mostra optimista, xa que segundo afirmou chegaron 2.000 peregrinos nos últimos días e é un feito "a recuperación dos camiños de Santiago". Por tanto, espérase un ano con turismo internacional que se aproveitará do Xacobeo.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante os medios este luns
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ante os medios este luns

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta