País Vasco, Andalucía e A Rioxa mantéñense no rexistro obrigatorio galego do que saen Madrid, Aragón e Melilla

Os viaxeiros que veñan de Croacia, Luxemburgo, Montenegro e Suíza tampouco teñen que rexistrarse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Os viaxeiros procedentes de Andalucía, País Vasco e A Rioxa manteñen a obrigación de comunicar no rexistro de viaxeiros do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a súa estancia en Galicia, do cal saíron os turistas que veñen de Madrid, Aragón e Melilla.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) actualizou a listaxe de países e comunidades autónomas con esta obrigación, que implica que as persoas que chegan á Comunidade galega despois de estar nos territorios sinalados nos 14 días anteriores á súa chegada teñen un prazo "máximo de 24 horas" desde que entran en Galicia para comunicar os seus datos de contacto e estancia a través da web (https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros) ou chamando ao teléfono 881 00 20 21.

De acordo con iso, deberán comunicar a súa estancia calquera persoa procedente dos países do continente africano. Ademais, procedentes do continente americano son un total de 26 territorios (catro menos que na actualización anterior): Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Güiana, O Salvador, Guatemala, Honduras, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, San Martín, Surinam, Trinidad e Tobago e Uruguai. Fronte a hai dúas semanas, incorpórase Chile e sae da listaxe Canadá.

En canto a Asia, son un total de 31 territorios os de obrigada comunicación: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kuwait, Líbano, Malaisia, Mongolia, Nepal, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Xordania, Sri Lanka e Timor Oriental. Son dous menos que a vez anterior, ao saír deste rexistro Maldivas e Qatar.

Procedentes de Europa, son 17: Acerbaiján, Andorra, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Kósovo, Letonia, Lituania, Suecia, Turquía e Xeorxia. Son tres menos, xa que non será obrigatorio para os viaxeiros que veñan de Croacia, Luxemburgo, Montenegro e Suíza.

Esta resolución actualizarase nos próximos 15 días naturais e entra en vigor este mércores día 16 de xuño.

Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas.  / Europa Press
Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta