Case o 95% dos galegos maiores de 50 anos recibiron xa unha dose

Máis do 60,6% da poboación a vacinar recibiu polo menos unha picada en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

Galicia avanza na inmunización da poboación fronte á Covid-19 tras alcanzar as 910.366 persoas con pauta completa, 8.525 máis que a xornada anterior, que supoñen o 38,53% das persoas a vacinar nesta autonomía.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do luns, recollidos por Europa Press, que indican que se administraron 2.267.497 dose, que supoñen 8.951 máis que o día anterior, das 2.418.695 recibidas --tras acumular 69.030 máis--, o que implica o 93,74 por cento das dispoñibles en Galicia.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste luns pasado en Galicia centrouse en administrar segundas doses, que elevaron a 910.366 as persoas co proceso completado.

GRUPOS DE IDADE

Por grupos de idade, ata a data 130.918 persoas maiores de 85 anos recibiron polo menos unha dose (+80); 95.834 de 80 a 84 anos (+85); 133.761 de 75 a 79 anos (+231); 152.122 de 70 a 74 anos (+378); 153.292 de 65 a 69 anos (+1.515); 172.502 de 60 a 64 anos (+2.284); 178.990 de 55 a 59 anos (+269) e 187.776 de 50 a 54 anos (+372).

Deste xeito, ata a data administrouse polo menos unha picada a 1.205.195 persoas maiores de 50 anos en toda Galicia, 5.214 máis que a xornada anterior, que constitúen un 94,38% dos galegos a vacinar a partir desa idade.

Ata a data foron vacinadas 167.965 persoas de 40 a 49 anos, que constitúen un 37,91% dos 443.000 cidadáns a inmunizar neste grupo. Desde a semana pasada están chamados uns 386.000 galegos destas idades, xa que os restantes foron vacinados previamente por estar incluídos en persoal sanitario, sociosanitario ou traballadores de actividades esenciais, entre outros.

Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press
Indicacións para o punto de vacinación no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña / M. Dylan - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta