Unha marcha da CIG rodea a Xunta para reclamar "emprego digno e industria con futuro"

Traballadores de empresas en conflito de toda Galicia piden "un cambio radical de políticas" ante a crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Unha numerosa marcha da CIG rodeou o edificio administrativo da Xunta en Santiago para reclamar "emprego digno e industria con futuro", así como un "cambio radical" de políticas para a saída da crise.

A protesta contou con traballadores de diferentes empresas de toda Galicia que atravesan conflitos laborais. Así, puidéronse ver diferentes carteis reivindicativos sobre a situación en Alcoa, BBVA, Meirama ou Barreiras, entre outros.

Durante a mobilización realizáronse cánticos como: 'Queremos traballar e non emigrar'; 'Feijóo, escoita, estamos en loita'; 'Derogación de reforma laboral'. Os manifestantes foron camiñando ao redor do edificio de San Caetano mentres portaban bandeiras da CIG e 'estreleiras'.

En declaracións aos medios, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, esixiu un "cambio radical de políticas" por parte do Goberno galego ante "a situación crítica" que se vive.

Apunta que os "miles de persoas" que se citaron este martes en Santiago coas súas pancartas fan unha "esixencia dunha solución real a unha crise económica e a unhas nefastas políticas que o Goberno galego está a levar adiante", co que "provoca máis destrución de emprego, máis emigración e máis crise social".

Deste xeito, Carril avisa de que o sindicato proseguirá "intensificando" as súas mobilizacións mentres non haxa cambios por parte da Xunta. "A CIG somos a primeira forza sindical en Galicia", sentenza, a pesar de que se tente "ocultar" e "negar", segundo denuncia. "Non imos dar nin un paso atrás", agrega.

CONTRA OS RECORTES

A continuación, o líder da CIG censurou os "recortes sociais" que se prevén "para salvar ás empresas e non para salvar ao emprego", que achaca a unha maioría do PP en Galicia "sectaria e excluínte".

Reprocha que "non pode ser" que a Xunta dos populares "estea a usar esta crise" para a "privatización e mercantilización" de servizos públicos, de forma que o PP "non pode estar confraternizando permanentemente cos fondos de investimento".

Nesta liña, Paul Carril remarca que antes da pandemia xa se vivían os efectos en Galicia da anterior crise, pero agora as súas consecuencias ven "multiplicadas" nun contexto de "descarbonización e dixitalización".

Aquí, advirte de que "miles de postos de traballo están ameazados" en sectores como a hostalaría e o comercio. Por iso, demanda que se deroguen as laborais e insiste en "unha saída xusta da crise".

Unha marcha da CIG rodea a Xunta para reclamar 'emprego digno'
Unha marcha da CIG rodea a Xunta para reclamar 'emprego digno' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta