Fotografías de mulleres bisexuais, lesbianas e trans expoñeranse nas rúas de Padrón

A exposición "A rede visible" pretende dar visibilidade ás mulleres LGTBI.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

O Concello de Padrón exhibirá unha exposición fotográfica a partir do 18 de xuño cuxas protagonistas son mulleres bisexuais, lesbianas ou trans. Baixo o título "A rede visible", a exposición poderase ver nas rúas do centro de Padrón. 

Arquivo - Bandeiras LGTBI.. JAMIE MCCARTHY - Arquivo
Arquivo - Bandeiras LGTBI.. JAMIE MCCARTHY - Arquivo

A exposición componse de de 16 paneis verticais con imaxes de mulleres galegas pertencentes ao colectivo, para mostrar a súa diversidade e vida "máis alén dos prexuízos y das expectativas alleas". Con estas fotografías o CIM de Padrón, organizador da exposición, pretenden dar visibilidade con motivo da celebración do Día Internacional polos dereitos do colectivo, o vindeiro 28 de xuño. 

Trátase dunha iniciatia que que pon de manifesto "a necesidade de que as institucións contribúan a dar visibilidade á diversidade existente na sociedade", como explica a concelleira de Igualdade, Lorena Couso. Ademais, a Asociación Les Coruña, promotora da mostra, denuncia que "as mulleres LBT seguen a sufrir todo tipo de vexacións, rexeitamentos, acoso e discriminacións familiares, escolares e profesionais".

A esta iniciativa súmase a Campaña "Liberdade de ser e sentir!", promovida pola Deputación da Coruña e á que se adheriu o Concello de Padrón. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta