Feijóo insta o Goberno central a acelerar a retirada das máscaras en exteriores

Pide "non chegar tarde, como noutras formulacións durante a pandemia".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/06/2021 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciouse este mércores sobre a retirada das máscaras en exteriores, sobre o que se pronunciou a prol de facelo en determinados contextos, para apelar a que España "non chegue tarde tamén" no deseño do protocolo de retirada do seu uso, tendo en conta que é unha cuestión regulada por lei e que ten que modificarse para o ámbito estatal.

Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga a deportistas a usar máscara en exteriores e sen compañía en Galicia pola pandemia de covid-19
Unha persoa corre en solitario e con máscara un día despois da entrada en vigor da normativa que obriga a deportistas a usar máscara en exteriores e sen compañía en Galicia pola pandemia de covid-19 | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo.

"É verdade que esperabamos que a comisión de saúde pública avanzase nos protocolos e condicións para ir buscando datas na retirada das máscaras no exterior", sinalou Feijóo, quen reclamou "non chegar tarde tamén á decisión da retirada de máscaras no exterior".

"A vacinación vai avanzando en España", mencionou o presidente da Xunta, coa precisión de que "nalgúns" territorios "máis que noutros". "Pero no conxunto dela nación está con velocidade de cruceiro", polo que, agregou, "é necesario establecer un protocolo para a retirada de máscaras no exterior".

Feijóo volveu pór como exemplo territorios nos que hai pouca densidade de poboación, como no rural. Ademais, tamén se referiu a persoas que pasan toda a súa xornada laboral no exterior, algunhas con determinadas insuficiencias respiratorias e que, dada a situación do virus, a máscara "non debería ser unha pauta médica obrigatoria" para elas.

O presidente autonómico remarcou que "o lóxico" é que haxa unha proposta na comisión de saúde pública e que fose tratado no consello interterritorial. "Esperemos non chegar tarde á retirada do uso de máscaras como chegamos tarde noutras formulacións durante a pandemia", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta