A maior trama corrupta da historia de Galicia

A xuíza da Pokemon mantén imputados a máis de 80 políticos (PP, PSOE e BNG), funcionarios e empresarios. A presunta financiación ilegal do PP e do PSOE de Santiago, principal novidade dun auto que pode abrir a porta ao levantamento do sumario.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/11/2013 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A xuíza que investiga a trama Pokemon comeza a revelar as súas cartas. No auto desvelado onte Pilar de Lara imputa a máis de 80 persoas, entre elas os alcaldes de Santiago, Lugo, O Carballiño e o ex-rexedor de Ourense.

No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon
No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon | Fonte: socialistasdenavia.blogspot

O auto tamén divide a investigación en nove pezas. Isto abre a porta a que se vaia levantando o segredo de sumario por partes. O letrado do ex-alcalde de Ourense Francisco Rodríguez volveu a denunciar a "indefensión" do político por non coñecer os cargos que pesan contra el máis dun ano e medio despois da súa detención. 

Ourense

O epicentro da investigación está na peza 2, que investiga ao Grupo Vendex. En Ourense a xuíza ve indicios de que retiraban multas, faseábanse facturas e facíanse agasallos a políticos e funcionarios a cambio de favores. Por iso están imputados o ex-alcalde Francisco Rodríguez (PSOE), a súa compañeira Mercedes Astorga, o ex concelleiro de Tráfico Fernando Varela (BNG) e o ex-xefe da Policía Local Abelardo Ulloa. O ex-alcalde e a súa ex-parella tamén están imputados por blanqueo de capitais.

Compostela

En Santiago de Compostela segue imputado a práctica totalidade do grupo de goberno. A novidade do auto é que a Xustiza ve indicios de financiamento ilegal dos conservadores e socialistas composteláns.

"Mediante a aportación de diñeiro por empresas adxudicatarias de obras e servizos" os conservadores financiarían o seu partido. A xuíza fala de "subornos" tamén a funcionarios para lograr as contratas. Entre as empresas presuntamente vencelladas a corrupción, ademais de Vendex/Sermasa, a maxistrada cita a Talleres La Campiña SL (venta de autobuses) e a GRS Arc Local (xestión de multas).

Na capital de Galicia tamén se investiga a "contratación de enchufagos por empresas concesionarias", suposto que tamén se investiga en Ourense. En Santiago a xuíza describe "irregularidades" sobre a Finca do Espiño e  un suposto tráfico de influencias. Pola Pokemon en Santiago -coñecida co nome de "Operación Manga"-  segue imputado o ex-alcalde Conde Roa por supostamente cobrar un suborno de Aquagest. Acompáñano como acusados o actual primeiro edil Ángel Currás e os concelleiros Albino Vázquez (xa dimitido), Rebeca Domínguez (sucesora de Currás en Educación, concellería na que se investiga enchufismo), Adrián Varela (concelleiro de Deportes) e o actual xefe de gabinete de Currás, Francisco Castro. Noutro xulgado tamén están imputado os concelleiros do PP , María Pardo, Amelia González, Juan de la Fuente Francisco Noya, Cecilia Sierra, Luis García Bello e María Castelao por aprobaren pagar a defensa de Adrián Varela con cartos públicos. En total, 11 dos 13 edís do PP están imputados en diversas causas pola Xustiza.

A presunta corrupción tamén salpica ao PSdeG compostelán. O ex-número dous do concello Bernardino Rama segue imputado. A xuíza sospeita que a Imprenta La Ibérica elaboraba facturas falsas canda outras compañías, como Aquagest, para facilitar o financiamento das campañas socialistas, o que podería crear os delitos de falsidade documental e delito electoral.

Lugo

En Lugo segue imputado o acalde José López Orozco (PSOE) por sete supostos delitos, entre eles presuntas irregularidades nos contratos a Vendex e a á empresa do guindastre Cechalva. A compañía de Asturias Cechalva é sospeitosa de pagarlle 2.000 euros ao mes ao primeiro edil e ao ex-concelleiro Francisco Fernández Liñares a cambio da contrata de retira de automóbiles. As relacións de Fernández Liñares (PSOE) con Vendex son o núcleo orixinal da investigación. Sobre o ex-responsábel da Confederación Hidrográfica Miño Sil penden até 10 imputacións, incluída blanqueo de capitais.  

En dúas pezas diferentes está imputado o alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, a quen Vendex lle fixo supostamente unha obra no seu chalé sen que o político a abonase.  Marnotes deu marcha atrás no concurso da ORA que lle ía adxudicar a Vendex, pero non noutro concurso para o desbroce de camiños que gañou, de xeito presuntamente amañado, Forestación Curro, empresa dos empresarios José Daniel Blanco e Olga González.

En Ordes está imputada a tenente de alcalde Silva Marín (Unión por Ordes) por unha adxudicación a asturiana Cechalva. En Cospeito é o socialista Manuel Pico o imputado por unha contrata con Vendex.

A investigación non cristalizou en imputacións noutros municipios investigados, como Marín e Ortigueira.Con todo, no auto a xuíza advirte que as investigacións prosiguen. 

A división en varias pezas do proceso é unha petición da ficalía para axilizalo. Trátase da maior investigación contra a corrupción nunca realizada pola Xustiza en Galicia.  Xa demitiron dous alcaldes, o de Boqueixón (PP) e o de Ourense (PSdeG).  O enorme número de imputados débese en boa medida á intervención de teléfonos durante moitos meses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

16 Comunista

Pp-PsoE-BnG son o trío sistémico dos ladróns e dos corruptos que levan 30 anos repartíndose como un pastel a suor e o esforzo do pobo traballador galego. Cómpre unha rexeneración política radical cara a ruptura democrática como a que está a encetar a Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Á cadea cos corruptos de Pp-PsoE-BnG!

15 anovaranova

14 GuillermoRrodríguez Fdez.

¡¡Que vergoña!! Os que se dician irmáns, compañeiros, ata ben pouco hoxe tiranse a iugular sen a menor consideración. Atácanse cunha ferocidade propia de animais famentos, deseperados porque lles vai faltando un oso onde roer.Patético. Se esta xente é a que din vai erguer a Galiza da súa postración social, política e ainda económica, que Deus nos colla confesados. Así non, señores; así non.

13 pinchorla

Vaia parece que @s lectores están quentes para criticar a quen menos se debe, -obxetivamente-,concordo en que hai algun dirixente do BNG encausado, máis ningunha interención xudicial parteu do Grupo do BNG.En todo caso comezaron nas sedes de PP e PSOE.Nunca se debe mostrar condescendencia con cargos enxuiciados, pero si que debe ser un ecuánime e non tratar a todos por igual.Sabemos que todos non son iguais, ou si? Nese caso correde ao Xulgado máis cercano. Ao pan pan e ao viño viño.

12 repolos de betanzos

Navalladas entre o servicio doméstico de AGE e BNG. Os servos da UPG e os lacaios do PCE andan a quen dá máis, mesmo a quen dá primeiro... Ridículo! Despois de moitos anos aguantando e tapándose mutuamente, con Beiras e o seu Ego e Camarilla, como lider baixo palio da UPG, agora encírranse á primeira oportunidade. Canta fame, cantos sen colocar, canta miseria... Todo polo posto: así se explica o odio dos ex, a propiedade e a exclusiva no nacionalismo, a morte a aqueles que se marcharon co cargo posto e lle deron entrada ao PCE na política institucional galega, perdendo a axencia de colocación da UPG a posibilidade de poñer dos seus e tapar débedas e favores. O aparato do PCE, que en nada envexa ao da UPG, igual de farsante e de mentira comunista por ser simple supervivencia dos acomodados, topa con dificultades pola dimisión do Calviño. E aquí vese que AGE tamén era outra tapadeira, outra axencia de colocación.

1 máis cebolas

Ao final nada se diferenza do PP e do PSOE: mantidos de AGE e da UPG, famentos canciños a ladrar polos foros da rede. Caladiños alí onde lles dan de comer (corruptela do Principe en Vigo, deputación de Lugo, concello de Lugo, Ourense...), posibles merendas conxuntas co PSOE (caso Bea Sestayo, a macarra), aplaudindo ao amo de La Voz en compañia de Feijóo Beiras e Vence... Sodes patéticos! Galiza precisa outros políticos, de vividores do conto imos fartos! A esquerda era outra cousa!

2 NovadegeneracionPPSOE

Da ata risa o ver como os PPsoeiros facedes unha loita de navalladas con alcumes parrocheiros. Non vos confundades porén: Non tedes forma de compararvos co BNG nin con AGE. Non tedes ningún caso do BNG como os do PSOE ou PP. Carromeiro foi unha invención vosa, non pasóu nada do que deciades, o do eólico foi rexeitado en tribunáis, e por riba diso quedáchedes en evidencia por incomPPetentes. Tedes a F. Blanco agardando anos a saber o que queren dél (non descarto que a vosa xuiza dé unha sentencia que logo teña que retractar). En resumo, nin un Bárcenas con contas en Suiza, nin un director de Iberdrola abrazando ao seu compadre, nin a un narcotraficante na barca de Quintana, nin unha incongruencia como a do PSOE co naval de Ferrol...Sodes lixo en comparanza con eles.