A maior trama corrupta da historia de Galicia

A xuíza da Pokemon mantén imputados a máis de 80 políticos (PP, PSOE e BNG), funcionarios e empresarios. A presunta financiación ilegal do PP e do PSOE de Santiago, principal novidade dun auto que pode abrir a porta ao levantamento do sumario.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/11/2013 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A xuíza que investiga a trama Pokemon comeza a revelar as súas cartas. No auto desvelado onte Pilar de Lara imputa a máis de 80 persoas, entre elas os alcaldes de Santiago, Lugo, O Carballiño e o ex-rexedor de Ourense.

No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon
No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon | Fonte: socialistasdenavia.blogspot

O auto tamén divide a investigación en nove pezas. Isto abre a porta a que se vaia levantando o segredo de sumario por partes. O letrado do ex-alcalde de Ourense Francisco Rodríguez volveu a denunciar a "indefensión" do político por non coñecer os cargos que pesan contra el máis dun ano e medio despois da súa detención. 

Ourense

O epicentro da investigación está na peza 2, que investiga ao Grupo Vendex. En Ourense a xuíza ve indicios de que retiraban multas, faseábanse facturas e facíanse agasallos a políticos e funcionarios a cambio de favores. Por iso están imputados o ex-alcalde Francisco Rodríguez (PSOE), a súa compañeira Mercedes Astorga, o ex concelleiro de Tráfico Fernando Varela (BNG) e o ex-xefe da Policía Local Abelardo Ulloa. O ex-alcalde e a súa ex-parella tamén están imputados por blanqueo de capitais.

Compostela

En Santiago de Compostela segue imputado a práctica totalidade do grupo de goberno. A novidade do auto é que a Xustiza ve indicios de financiamento ilegal dos conservadores e socialistas composteláns.

"Mediante a aportación de diñeiro por empresas adxudicatarias de obras e servizos" os conservadores financiarían o seu partido. A xuíza fala de "subornos" tamén a funcionarios para lograr as contratas. Entre as empresas presuntamente vencelladas a corrupción, ademais de Vendex/Sermasa, a maxistrada cita a Talleres La Campiña SL (venta de autobuses) e a GRS Arc Local (xestión de multas).

Na capital de Galicia tamén se investiga a "contratación de enchufagos por empresas concesionarias", suposto que tamén se investiga en Ourense. En Santiago a xuíza describe "irregularidades" sobre a Finca do Espiño e  un suposto tráfico de influencias. Pola Pokemon en Santiago -coñecida co nome de "Operación Manga"-  segue imputado o ex-alcalde Conde Roa por supostamente cobrar un suborno de Aquagest. Acompáñano como acusados o actual primeiro edil Ángel Currás e os concelleiros Albino Vázquez (xa dimitido), Rebeca Domínguez (sucesora de Currás en Educación, concellería na que se investiga enchufismo), Adrián Varela (concelleiro de Deportes) e o actual xefe de gabinete de Currás, Francisco Castro. Noutro xulgado tamén están imputado os concelleiros do PP , María Pardo, Amelia González, Juan de la Fuente Francisco Noya, Cecilia Sierra, Luis García Bello e María Castelao por aprobaren pagar a defensa de Adrián Varela con cartos públicos. En total, 11 dos 13 edís do PP están imputados en diversas causas pola Xustiza.

A presunta corrupción tamén salpica ao PSdeG compostelán. O ex-número dous do concello Bernardino Rama segue imputado. A xuíza sospeita que a Imprenta La Ibérica elaboraba facturas falsas canda outras compañías, como Aquagest, para facilitar o financiamento das campañas socialistas, o que podería crear os delitos de falsidade documental e delito electoral.

Lugo

En Lugo segue imputado o acalde José López Orozco (PSOE) por sete supostos delitos, entre eles presuntas irregularidades nos contratos a Vendex e a á empresa do guindastre Cechalva. A compañía de Asturias Cechalva é sospeitosa de pagarlle 2.000 euros ao mes ao primeiro edil e ao ex-concelleiro Francisco Fernández Liñares a cambio da contrata de retira de automóbiles. As relacións de Fernández Liñares (PSOE) con Vendex son o núcleo orixinal da investigación. Sobre o ex-responsábel da Confederación Hidrográfica Miño Sil penden até 10 imputacións, incluída blanqueo de capitais.  

En dúas pezas diferentes está imputado o alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, a quen Vendex lle fixo supostamente unha obra no seu chalé sen que o político a abonase.  Marnotes deu marcha atrás no concurso da ORA que lle ía adxudicar a Vendex, pero non noutro concurso para o desbroce de camiños que gañou, de xeito presuntamente amañado, Forestación Curro, empresa dos empresarios José Daniel Blanco e Olga González.

En Ordes está imputada a tenente de alcalde Silva Marín (Unión por Ordes) por unha adxudicación a asturiana Cechalva. En Cospeito é o socialista Manuel Pico o imputado por unha contrata con Vendex.

A investigación non cristalizou en imputacións noutros municipios investigados, como Marín e Ortigueira.Con todo, no auto a xuíza advirte que as investigacións prosiguen. 

A división en varias pezas do proceso é unha petición da ficalía para axilizalo. Trátase da maior investigación contra a corrupción nunca realizada pola Xustiza en Galicia.  Xa demitiron dous alcaldes, o de Boqueixón (PP) e o de Ourense (PSdeG).  O enorme número de imputados débese en boa medida á intervención de teléfonos durante moitos meses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

6 antibirrias

E AGE? Non ten imputados? Ten centos de imputados en todo o Estado. Por exempol, Antonia Muñoz (IU) Manilva, Málaga, IMPUTADA contratar presuntamente en el Ayuntamiento a 17 miembros de la lista de su partido y a 57 familiares de estos; incluidos varios familiares suyos

1 Zy9v

Homeeeeee , q ben, faltaba o Comisario Político Número 1. A este non merece a pena responderlle, que xa se responde a si mesmo na formulación da súa "inquisición". Hai que ver como se pón a upegallada toda en canto se lle fai un mini-reconto das imputacións.

5 observador

O caso dos paneis de Ourense foi outra gran imputación do BNG. 2 concelleiros foron expulsados por ese tema. Os media galegos sacaban edicións especiais sobre o tema. En Ourense parecía que os Baltares eran os máis honrados de todos. Que máis dá, se todos son iguais, etc... o ventilador para espallar a mer da fainos iguais a todos. Nada novo baixo o sol. Votemos ó PP. Por certo, foron absoltos, mais .. iso que importa?...

1 todos maman

Absolto ate agora foi tamen o Baltar e Camps... Pero as irregularidades da constitucion da sociedade despois de feito o negocio co concello non se clarean nin con lixivia.

2 xyfk

Ben dito todos maman. A empresa que gañou a contrata constituíse despois de que o Concelleiro informara a favor de darlle a dedo os paneis. Todo moi limpio. Ademais, é mentira que "2 concelleiros foron expulsados por ese tema". Non eran dous concelleiros, nin foron expulsados, de feito un deles marchou motu propio e milita en Compromiso. Moi típico da UPG, dar leccións sen informase sequera.

3 afdsa afg

Os dos paneis dimitiron en canto saíu a imputación como exixía o BNG e marcharon do BNG despois de que a militancia non os quixese volver poñer nas listas. Agora son de Bascuas, Compromís ou como lle chame

4 lois

Ben. Os periodistas están demasiado afeitos ao barullo, a non discriminar. Está claro que non se pode poñer ao mesmo nivel ao PP e o Psoe co BNG. Do BNG só aparece un imputado, e iso non quere decir, para nada, que sexa culpable de nada. Pero, xa digo, dicir periodistas é dicir sensacionalismo,superficialidade a tope , e búsqueda desesperada de impactar.E a " deformación profesional" dos periodistas.

1 eusi

E o resto non están imputados coma o do BNG? Ou é que tedes patente de corso?

2 eusi

E o resto non están imputados coma o do BNG? Ou é que tedes patente de corso?

3 g4T4

¿E a ninguén lle chama a atención, que coa endogamia que hai na universidade, ningún xuiz as investigue?

2 reginodelapena

Verdadeiramente noxento,poñer no plano da igualdade a BNG co psoe/pp.O probe concelleiro de Ourense foi posto pra decire que tudos son iguais.O mesmiño que con Fernando Blanco,apartado do caso campion vai logo pra un ano e nin un so dos meios diron a nova.O BNG, non esta por enriba do ben e do mal,mais ate o de agora ren de ren.O curioso e ver o beriras fachendeando dos " aldaldes da nova" e da sua falla de imputacions.

1 Ja, ja,ja,ja

Claro, Bazarra, jefe de Gabinete de Fernando Blanco y concejal del BNG, trabajaba para Dorribo en Andorra por casualidad.

2 El PPresidente

Bien, Manolo, bien. Te has ganado un sobrecito de ésos que reparte Luis-el-Cabrón. ¿O prefieres un fardo de los de Marcial? ¿Hace una rayita?

3 O Calvo da Lotaría

Que mal pensado eres, a Fernando Blanco tocoulle a lotaría como a Fabra.

4 Bloqueiro do bipartito

2. Hace una rayita, mientras cuento los euriños de Dorribo

5 El PPresidente

Pues anda que no vas a tener que contar, porque a Javi el Camisetas lo dejó sin un duro en la caja del IGAPE. Si es que después de pasar por mi despachito, no le pude negar nada. Es tan buena gente el amigo Dorribo...