A maior trama corrupta da historia de Galicia

A xuíza da Pokemon mantén imputados a máis de 80 políticos (PP, PSOE e BNG), funcionarios e empresarios. A presunta financiación ilegal do PP e do PSOE de Santiago, principal novidade dun auto que pode abrir a porta ao levantamento do sumario.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/11/2013 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A xuíza que investiga a trama Pokemon comeza a revelar as súas cartas. No auto desvelado onte Pilar de Lara imputa a máis de 80 persoas, entre elas os alcaldes de Santiago, Lugo, O Carballiño e o ex-rexedor de Ourense.

No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon
No centro, As xuizas Estela San José e Pilar de Lara, responsábeis a primeira da Operación Campeón e a segunda das operacións Carioca e Pokemon | Fonte: socialistasdenavia.blogspot

O auto tamén divide a investigación en nove pezas. Isto abre a porta a que se vaia levantando o segredo de sumario por partes. O letrado do ex-alcalde de Ourense Francisco Rodríguez volveu a denunciar a "indefensión" do político por non coñecer os cargos que pesan contra el máis dun ano e medio despois da súa detención. 

Ourense

O epicentro da investigación está na peza 2, que investiga ao Grupo Vendex. En Ourense a xuíza ve indicios de que retiraban multas, faseábanse facturas e facíanse agasallos a políticos e funcionarios a cambio de favores. Por iso están imputados o ex-alcalde Francisco Rodríguez (PSOE), a súa compañeira Mercedes Astorga, o ex concelleiro de Tráfico Fernando Varela (BNG) e o ex-xefe da Policía Local Abelardo Ulloa. O ex-alcalde e a súa ex-parella tamén están imputados por blanqueo de capitais.

Compostela

En Santiago de Compostela segue imputado a práctica totalidade do grupo de goberno. A novidade do auto é que a Xustiza ve indicios de financiamento ilegal dos conservadores e socialistas composteláns.

"Mediante a aportación de diñeiro por empresas adxudicatarias de obras e servizos" os conservadores financiarían o seu partido. A xuíza fala de "subornos" tamén a funcionarios para lograr as contratas. Entre as empresas presuntamente vencelladas a corrupción, ademais de Vendex/Sermasa, a maxistrada cita a Talleres La Campiña SL (venta de autobuses) e a GRS Arc Local (xestión de multas).

Na capital de Galicia tamén se investiga a "contratación de enchufagos por empresas concesionarias", suposto que tamén se investiga en Ourense. En Santiago a xuíza describe "irregularidades" sobre a Finca do Espiño e  un suposto tráfico de influencias. Pola Pokemon en Santiago -coñecida co nome de "Operación Manga"-  segue imputado o ex-alcalde Conde Roa por supostamente cobrar un suborno de Aquagest. Acompáñano como acusados o actual primeiro edil Ángel Currás e os concelleiros Albino Vázquez (xa dimitido), Rebeca Domínguez (sucesora de Currás en Educación, concellería na que se investiga enchufismo), Adrián Varela (concelleiro de Deportes) e o actual xefe de gabinete de Currás, Francisco Castro. Noutro xulgado tamén están imputado os concelleiros do PP , María Pardo, Amelia González, Juan de la Fuente Francisco Noya, Cecilia Sierra, Luis García Bello e María Castelao por aprobaren pagar a defensa de Adrián Varela con cartos públicos. En total, 11 dos 13 edís do PP están imputados en diversas causas pola Xustiza.

A presunta corrupción tamén salpica ao PSdeG compostelán. O ex-número dous do concello Bernardino Rama segue imputado. A xuíza sospeita que a Imprenta La Ibérica elaboraba facturas falsas canda outras compañías, como Aquagest, para facilitar o financiamento das campañas socialistas, o que podería crear os delitos de falsidade documental e delito electoral.

Lugo

En Lugo segue imputado o acalde José López Orozco (PSOE) por sete supostos delitos, entre eles presuntas irregularidades nos contratos a Vendex e a á empresa do guindastre Cechalva. A compañía de Asturias Cechalva é sospeitosa de pagarlle 2.000 euros ao mes ao primeiro edil e ao ex-concelleiro Francisco Fernández Liñares a cambio da contrata de retira de automóbiles. As relacións de Fernández Liñares (PSOE) con Vendex son o núcleo orixinal da investigación. Sobre o ex-responsábel da Confederación Hidrográfica Miño Sil penden até 10 imputacións, incluída blanqueo de capitais.  

En dúas pezas diferentes está imputado o alcalde de Carballiño, Argimiro Marnotes, a quen Vendex lle fixo supostamente unha obra no seu chalé sen que o político a abonase.  Marnotes deu marcha atrás no concurso da ORA que lle ía adxudicar a Vendex, pero non noutro concurso para o desbroce de camiños que gañou, de xeito presuntamente amañado, Forestación Curro, empresa dos empresarios José Daniel Blanco e Olga González.

En Ordes está imputada a tenente de alcalde Silva Marín (Unión por Ordes) por unha adxudicación a asturiana Cechalva. En Cospeito é o socialista Manuel Pico o imputado por unha contrata con Vendex.

A investigación non cristalizou en imputacións noutros municipios investigados, como Marín e Ortigueira.Con todo, no auto a xuíza advirte que as investigacións prosiguen. 

A división en varias pezas do proceso é unha petición da ficalía para axilizalo. Trátase da maior investigación contra a corrupción nunca realizada pola Xustiza en Galicia.  Xa demitiron dous alcaldes, o de Boqueixón (PP) e o de Ourense (PSdeG).  O enorme número de imputados débese en boa medida á intervención de teléfonos durante moitos meses. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

1 Todos iguales

Xa estamos. O do Bloque está imputado porque nunha conversa entre varios imputados decían "Esa área a leva un do Bloque". Xornalismo de investigación

1 ap5W

"O Bloque está imputado". Esa é unha memez xigante. Ningún partido pode estar imputado, iso sábeo calquera con dous dedos de frente e que aprobar o EGB ou a ESO. Fernando Varela (BNG) está imputado, como reitera o auto de de onte, e ninguén pode sabelo, nin sequera el nin o seu letrado, porque se mantén o segredo de sumario. Así que "todos iguales" vai cos teus intentos de intimidación aló onde funcionen, pq no GC non. Ao Sermóns Galiza, por exemplo.

2 Carrumeiro Filesa Gurtel

Lacaio do Beneguai, volta a escola. Co novo Codigo Penal podese imputar a unha persoa xuridica (antes so as fisicas). Por iso moito cuidado con novos Carrumeiros, aquela aventura empresarial tardia da cupula do BNG para sanearcontas propias ou da organizacion, lembras...

3 Pufos e creditos

Lacaio de AGE PCE volta ti á escola que o "caso" Carrumeiro fora unha acusación na prensa de dar contratos legais a prezos de mercado a unha empresa duns que foran do BNG. Nin denuncia houbo. Nin se atreveron a buscar o "admitida a trámite". E o ves comparando con Filesa e Gurtel claro e de casualidade non falas do perdón dos pufos a IU ou que non pagaba a Seguridade Social. Vai de procesión con Yolanda

4 BNG, a inocencia perdida

Foran do BNG os fundadores, e dos departamentos e conselleríaas controladas polos mesmos do BNG recibían os fondos e contratos a dedo: de Industria e Medio Rural, dos que eran altos cargos Xoán Manuel Bazarra Agulla e Alberte Soto Soto, dúas das persoas que constituiron a sociedade co mesmo secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede Estraviz. E no local do lado da sede nacional do BNG. Casualidade? As mesmas que nos contratos do Baltar e na lotería do Fabra ou do Fernando Blanco! Logo transladan o local a Ames, para disimular. Como presidenta aparece Helena Rial Barreiro e como administradores constan Aleixo Vilas Castro, responsable do Gabinete de Estudos Económicos do BNG; Gonzalo Henrique Castro Prado, portavoz do BNG en Ordes; Manuel Martínez Rodríguez e Manuel González González, e conselleiro delegado Artur Manuel Benito Espana. Todo baixo control. Inocentes? Si, claro, como Baltar; como Camps, como Fabra (que polo gordo non o trincan)...

5 saulocadas

Si e ti sabes todos os detalles e os nomes e todo. Que profundo traballo de investigación. O único que non sabes nin dis é o que fixeron, en que se corromperon, en que roubaron. En que esa empresa tivo contratos coa Xunta? E iso e un delito en si? Non me extraña que nin denuncia houbera. Por que non nos contas como se formou a fortuna da familia Cuiña se tanto sabes de detalles