Sen covid pero moitos positivos en alcol e drogas nas probas piloto das verbenas

Os controis da Garda Civil da pasado fin de semana detectaron 255 condutores que deron positivo en alcol e 118 en drogas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Os controis da Garda Civil de Tráfico nos tramos de maior risco de accidentes e nas zonas de maior afluencia de persoas debido ás probas piloto das verbenas que levaron a cabo o pasado fin de semana detectaron 255 condutores que deron positivo en alcol e 118 en drogas.

Segundo informou a Garda Civil nun comunicado, durante os controis nas probas piloto das verbenas, que tiveron lugar en seis concellos galegos, foron interceptados 24 condutores que superaron a taxa legalmente establecida para a consideración de delito (máis de 0,6 miligramos por litro en aire respirado ou 1,2 gramos por litro en sangue), polo que foron instruídas dilixencias.

Tráfico da Garda Civil de Galicia intensificou a vixilancia nas estradas de Galicia durante o pasado fin de semana, de forma que os axentes deste sector realizaron un total de 11.000 controis de alcol e drogas.

A Garda Civil indica que a maior parte dos controis foron "breves e dinámicos", coa finalidade de evitar a alerta dos mesmos a través de redes sociais e 'apps'. Tamén foron combinados con outros estáticos en puntos concretos onde a circulación era máis intensa.

Un dos controis de tráfico da Garda Civil realizado o pasado fin de semana nas estradas galegas. GARDA CICIL
Un dos controis de tráfico da Garda Civil realizado o pasado fin de semana nas estradas galegas. GARDA CICIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Javier Saavedra

Yo asistí a una de las pruebas piloto, y me parece una desfachatez que se le quieran achacar a las verbenas de este fin de semana los positivos en alcohol y drogas cuando en los recintos no se dispensaron bebidas de ningún tipo y el público estuvo controlado en todo momento para que mantuvieran las distancias y las mascarillas por Protección Civil, Policía Municipal y Guardia Civil. Entonces ¿Cuándo se drogaron?¿Cuándo bebieron? A la salida de estos recintos no hubo ningún control de alcoholemia ni drogas y todas las personas que asistieron tuvieron que dar su nombre y DNI. ¿Cuántos nombres de los asistentes coinciden con los positivos? Sin lugar a dudas esta es una noticia sesgada, falsa e interesada, que deja en entredicho la credibilidad de este medio de comunicación.

1 Redacción GaliciaConfidencial

Boas. A información non "é falsa, nin é interesada". Hai que saber ler. Pon claramente: "Segundo informou a Garda Civil nun comunicado". Polo tanto é a información que deu a Garda Civil de Tráfico. Así que se considera que os datos son "falsos", pídalle explicacións a este corpo ou presente unha denuncia contra a propia Garda Civil por "falsedade e mentira". Moitas grazas