O 80% das persoas que non poden compatibilizar Risga e IMV terán condonada a débeda segundo a Xunta

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acusou ao Bloque de buscar "réditos políticos" coa presentación desta interpelación despois de preguntar sobre este asunto noutra sesión plenaria celebrada hai unhas semanas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Xunta asegurou que as persoas con fillos ao seu cargo receptoras de rendas de inclusión ás que se lles reclamaron importes de ata 5.000 euros pola incompatibilidade de recibir a Risga e o Ingreso Mínimo Vital (IMV) terán condonada a débeda, o que representa "o 80%" dos afectados.

Así o indicou a conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha interpelación parlamentaria formulada pola deputada do BNG Olalla Rodil na sesión plenaria que este martes arrincou na Cámara galega.

A parlamentaria nacionalista censurou a actitude de Goberno central e autonómico, aos que culpou de non achegar solucións para unha problemática "que non ten nome e está a xerar unha frustración enorme" entre os afectados.

"Hai que buscar unha solución. Non aceptamos que por que haxa responsabilidades no goberno de España, a posición da Xunta sexa escurrir o vulto ou pór parches", exclamou Rodil, que urxiu á Administración autonómica a cambiar a Lei de inclusión que fai incompatible que un perceptor da Risga reciba tamén o IMV.

Na súa quenda, a conselleira acusou ao Bloque de buscar "réditos políticos" coa presentación desta interpelación despois de preguntar sobre este asunto noutra sesión plenaria celebrada hai unhas semanas.

A continuación, García responsabilizou ao Goberno central e as súas "présas" por sacar adiante o IMV da situación, á vez que asegurou que as persoas con fillos ao seu cargo que cobrasen ambas as prestacións non terán que devolvelas.

En canto á reformulación da Lei galega de inclusión para remediar a incompatibilidade que derivou no problema para receptores de ambas as rendas, a conselleira avanzou que o Executivo autonómico iniciará "no próximo trimestre" o proceso para cambiar este apartado.

TRAMITACIÓN DA DEPENDENCIA

Tras contestar a esta cuestión, a titular de Política Social tamén subiu ao estrado do hemicilo para responder a outra interpelación, neste caso presentada polo Grupo Socialista e defendida pola deputada Marina Ortega sobre as "carencias" do sistema galega de dependencia á hora das valoracións de usuarios.

Neste sentido, a parlamentaria socialista demandou un maior compromiso prespuestario para dotar de máis efectivos ao persoal dos servizos encargados das valoracións como vía para mellorar os tempos, que fan que Galicia "ocupe o 13 posto no ranking" das comunidades autónomas.

Na súa resposta, a conselleira resaltou o plan aprobado polo Executivo autonómico hai unhas semanas para axilizar a tramitación dos servizos de dependencia. En todo caso, García apuntou que "o 94%" das persoas con dependencia "xa perciben" algunha prestación ou servizo, o que sitúa a Galicia "once puntos por encima" da media do Estado.

Así mesmo, tamén puxo o acento nos resultados do estudo piloto desarollado na provincia de Ourense para o "reforzo" dos equipos de dependencia e que permitiu "aumentar un 70%" o número de expedientes tramitados.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, comparece para responder unha interpelación sobre a Risga e ou Ingreso Mínimo Vital (IMV).. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press
A conselleira de Política Social, Fabiola García, comparece para responder unha interpelación sobre a Risga e ou Ingreso Mínimo Vital (IMV).. CONCHI PAZ / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta