Dous feridos en Silleda e un en Boiro en accidentes con varios vehículos implicados

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/06/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Os concellos de Silleda (Pontevedra) e Boiro (A Coruña) rexistraron dous accidentes de circulación na tarde deste luns que se saldaron con tres persoas feridas.

Un accidente de tráfico sen feridos na A-52 ao seu paso por Riós (Ourense)
Un accidente de tráfico sen feridos na A-52 ao seu paso por Riós (Ourense) | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo.

O primeiro tivo lugar ás 15,30 horas en Boiro, onde dous vehículos impactaron á saída do polígono de Espiñeira.

A consecuencia do impacto, un dos ocupantes dos turismos resultou ferido e tivo que ser evacuado de emerxencia ao Hospital do Barbanza polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

Pouco despois deste accidente, ao redor das 15,45 horas, varios coches víronse implicados nun sinistro múltiple no que saíron feridas dúas persoas.

O incidente tivo lugar na estrada N-525 ao seu paso pola parroquia de Taboada do concello de Silleda, onde se achegaron os profesionais do 061 para atender aos feridos e proceder ao seu traslado a un hospital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta