Unanimidade no pleno de Ferrol para reclamar a construción do dique seco cuberto para Navantia

Instan ao Ministerio de Facenda a que "se pronuncie se continúan contemplando no futuro unha transformación integral do estaleiro de Ferrol cun dique cuberto de construción civil e militar, tal e como estaba previsto".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol aprobou por unanimidade reclamar a construción dun dique seco cuberto no estaleiro de Navantia, a través dunha declaración institucional presentada polo comité de empresa e que foi apoiada polos grupos municipais de PP, PSOE, FeC e BNG.

Foi ao iniciou de pleno ordinario de fin de mes, que comezou ás 10,00 horas deste xoves, 24 de xuño, cando o alcalde de Ferrol, o socialista Ángel Mato, deu lectura ao texto que os integrantes do comité de empresa trasladaran.

En concreto, ínstase o Ministerio de Facenda a que "se pronuncie se continúan contemplando no futuro unha transformación integral do estaleiro de Ferrol cun dique cuberto de construción civil e militar, tal e como estaba previsto", para podar así "garantir o futuro competitivo do centro de Ferrol a nivel mundial", engade. No texto os traballadores tamén apuntan que "en caso afirmativo é importante que haxa un calendario estimado de transformación".

MÁIS DUNHA DÉCADA SEN FRAGATAS

Na declaración institucional tamén se lembra que "Navantia leva 14 anos sen conseguir un contrato internacional no mercado mundial de fragatas" e que de face á construción das futuras F-110 para a Armada de España precisan "non só mostrar unha fragata moderna". "Necesitamos mostrar un estaleiro moderno e competitivo, que infunda confianza aos posibles clientes", abundan.

Por último, tamén aseguran que as instalacións do departamento de Reparacións ocupan "unhas instalacións escasas que lastran o presente e futuro das súas actividades". E piden un novo dique, ademais de citar á Fábrica de turbinas, da que din que se relegou " dentro da organigrama, con proxectos sen desenvolver e dedicada fundamentalmente ao ámbito militar".

Pleno do Concello de Ferrol celebrado de maneira presencial e telemática.
Pleno do Concello de Ferrol celebrado de maneira presencial e telemática. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta