Temas: IMAXE

"Na aldea mesmo tiña montado unha canle de tele imaxinaria"

Hoxe falamos con Diego Freire, actor galego que sabe que o mellor remedio contra a crise e estar en movemento, poderemos velo en diversas produccions actuais. Unha conversa con Sue Rainbow ao obxetivo.

Por Sue Rainbow | Santiago de Compostela | 03/12/2013 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

Sempre quixeches ser actor?
Sempre, lembro que de neno só xoguei ou fútbol unha vez. Na aldea, onde pasaba os veráns mesmo tiña montado unha canle de tele imaxinaria

Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com

Como surxiu ou teu desexo pola actuación?
Non podo dicir cal foi ou momento ou ou detonante, ou feito é ques empre me sentín atraído por este mundo.

A túa familia apoioute?
Sempre, e sige a facelo, isto sería imposible sen ou seu apoio, tanto dá miña familia sanguínea coma dá xente que está ou meu redor que me anima, que me quere e, aínda que ás veces amole, tamén dame caña para tirar cara adiante.

Fixeches amigos neste traballo?
Fixen amigos si, pero ou que máis teño son compañeiros ós que respecto, aprezo e desexo ou mellor

Cal é o teu inicio para crear un personaxe?

Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com

Non teatro, adoito escribir vos meus textos, así que ás persosaxes adáptanse a min como lubas. No audiovisual procuro achegar as personaxes a min, que non sexan só liñas nun papel senón seres aos que eu teño a sorte de darlles vida. 

Segundo ti, cuales son as cousas básicas para facer unha boa interpretación?
O fundamental, dende ou meu punto de vista, nunha boa interpretación é facela de verdade. O traballo doactor ou da actriz consiste en dotar de VIDA (con maiúsculas) e (tamén con maiúsculas) á personaxe á que se entrega.

Cres que é difícil o teu traballo?

Para min o difícil non é o traballo en si senon conseguilo. Coa compañía por desgraza adico moitísimo tempo e esforzo a conseguir funcións. Cada novo bolo que consigo provócame a mesma ilusión que o primeiro. Aínda que hai traballo máis duros, minusvalorados e peor pagados que este, non hai máis que ler a prensa para sábelo.

Cal sería o teu papel favorito para protagonizar?

Calquera que sexa quen de provocar emocións (de calquer tipo), de facer sentir algo ao espectador

Cales son os teus actores favoritos, algún deles impúlsoche a seguir o teu sono?

Moitos, non podería dicir un só, así que mellor non digo ningún.

Como definirías coas túas palabras un bo actor?

O que fai sentir algo a un espectador.

Que non te atreverías a facer en actuación?

Nada, non son pudoroso.

Arrepínteste de algo que fixeches na vida?

De moitas cousas, aínda que ben mirado as cousas das que te arrepintes son as que fan de ti o que es. Sen os nosos erros e os nosos acertos non seríamos quen somos. Así que arrepentirse pode que non sirva de nada.

Es tímido?

En xeral non, pero sempre hai momentos.

Como ves a situación da profesión?

Se as cousas en todos os ámbitos están mal agora, no caso da cultura todo é peor. Este ano foi moi duro para todos e parece que en 2014 hai unha leve recuperación. A suba do IVE é un problema grave, un de tantos. As circunstancias obrígannos a reinventarnos a todos. Pero hai que loitar. Eso é o único que non nos poden nin deben quitar: A nosa capacidade de loita

Que proxectos tes en mente?

De momento seguir movendo o espectáculo infantil da compañía “Na Procura da Canción Perdida”.Temos pechadas funcións en Poio (o 24 de decembro) e Manzaneda (5 de xaneiro), e hai alguna data que agardo se confirme pronto. O 12 ,13 e 4 de decembro estarei na Regadeira de Adela en Compostela, coa versión de peto de “Memorias dun Ser Humano Disperso” e para marzo estrearemos no Auditorio de Ourense o espectáculo “Falándolle a un Espello”. Un paso máis na evolución da compañía

Foto - www.suerainbow.com

PÁXINA WEB

www.producionsdispersas.eu

PÁXINA YOUTUBE

http://www.youtube.com/watch?v=Rxq2uiYt-uo&list=PLivlgvWxcagkBPttV9Np2weJ84eKWgPIJ

ENDEREZO ELECTRÓNICO

produccionsdispersas@galegos.eu

Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com
Diego Freire por www.suerainbow.com
Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta