Rescatada unha muller dun vehículo tras sufrir unha saída de vía en Vilamarín

Tamén houbo unha colisión entre dous coches en Redondela, cun par de feridos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 25/06/2021 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Unha muller foi excarcerada do interior do vehículo na mañá deste venres tras sufrir un accidente debido a unha saída de vía no municipio de Vilamarín. Segundo informou o 112 Galicia, pouco antes das 1,30 horas deste venres un particular púxose en contacto co servizo de emerxencias para alertar dun accidente cun turismo implicado e do que non podía saír unha persoa. Os feitos sucederon no lugar de San Martiño, na parroquia de O Río.

Por iso, por parte do CIAE-112 Galicia informouse ós Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico, aos membros de Protección Civil do concello e aos servizos sanitarios. Unha vez no lugar e ao final da intervención, a dotación de bombeiros indicou que tivo que excarcerar a unha muller do interior do turismo, que ía ser trasladada no helicóptero medicalizado de base en Ourense ata o complexo hospitalario desa cidade.

COLISIÓN EN REDONDELA

Por outra banda, media hora despois o 112 Galicia tamén recibiu o aviso dunha testemuña dun accidente entre dous vehículos en Redondela, no que afirmou que había persoas atrapadas.

Da colisión, ocorrida na estrada N-550 sobre o punto quilométrico 139, alertaron os xestores do 112 aos Bombeiros do Porriño, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao 061. Ademais, a información tamén se puxo en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e do Servizo de Emerxencias e de Protección Civil de Redondela.

Minutos despois, os medios desprazados confirmáronlle aos xestores do CIAE-112 que os ocupantes xa estaban fóra do vehículo e que resultaron feridas dúas persoas que foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Co fin de restablecer a seguridade da vía, por parte do 112 informouse o persoal de mantemento de estradas e ao Centro de Xestión de Tráfico.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta